Adolfo Vázquez Gómez

xornalista e escritor galego

Adolfo Vázquez Gómez, nado en Ferrol o 18 de agosto de 1869 e finado en Montevideo o 25 de xullo de 1950, foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaAdolfo Vázquez Gómez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1869 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Vázquez-627

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato en Lugo e despois comezou a carreira militar, aínda que a deixou para dedicarse ao xornalismo. Iniciou as súas colaboracións en El Regional e Galicia Moderna, e dirixiu Galicia Liberal, en Santiago de Compostela. Marchou a Madrid, onde foi redactor de La República e colaborou en La Guindilla e El Combate. Militante do federalismo republicano de Francesc Pi i Margall, participou no movemento revolucionario de 1886, polo que tivo que exiliarse en Portugal, onde fundou El Galleguito en Lisboa e colaborou en España e A sentinela da Fronteira. Marchou a Francia en 1887 e regresou a Portugal ao ano seguinte.

Coa amnistía de 1889 regresou a Galicia instalándose en Betanzos onde colaborou en Las Riberas del Mendo e ¡Ya Somos Tres!, e fundou os diarios El Valdoncel e El Mendo. En Betanzos foi presidente do Ateneo Obreiro, do Centro Republicano Federal e do Orfeón Eslava. Tamén foi nomeado en 1890 cronista de Betanzos,[1] sendo o primeiro cronista oficial da cidade.[2] Na Coruña foi redactor do periódico republicano El Telegrama e foi elixido presidente da Xuventude Republicana Coruñesa.

En 1892 marchou a Buenos Aires, onde fundou El Pabellón Español, e un ano máis tarde trasladouse a Montevideo onde dirixiu El Intransigente foi xerente de El Liberal e dirixiu El Socialista. Máis tarde, na localidade de Paysandú presidiu a Asociación Liberal de Socorros Mutuos e o Comité de Auxilios de Sicilia e Calabria e dirixiu o periódico El Paysandú.

En 1913 viaxou a Europa e participou, como delegado de colectividades suramericanas e europeas, no XVII Congreso Internacional de Libre Pensamento en Portugal. En 1914 participou en Lisboa nunha conferencia sobre o movemento agrario con Basilio Álvarez e Francisco Álvarez Pena[3]. De volta en América, asistiu como delegado á Confederación Suramericana Pro-Paz, ao I Congreso Panamericano do Neno e ao Congreso de Bibliografía e Historia (como representante da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela).

Instalado en Buenos Aires foi catedrático de Historia da Liga de Educación Racionalista e, en 1924, encargouse da dirección da revista Céltiga. Novamente en Montevideo, dirixiu diversas emisións radiofónicas.

Obras editar

  • Socialismo y librepensamiento.
  • Mesa revuelta.
  • El país del prodigio.
  • La masonería. Su pasado, su presente y su futuro.
  • Nuevos rumbos educacionales.
  • La democracia portuguesa.
  • Ecos de combate, 1940.

Notas editar

  1. Núñez-Varela Lendoiro, José Raimundo (22 de xullo de 2015). "Betanzos: el Archivo Municipal". Cronista Oficial de Betanzos (en castelán). 
  2. Torres Regueiro 1988, p. 71.
  3. El Tea, 6-2-1914, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
-
 Cronista de Betanzos 
1890 - 1892
Sucesor:
?