Adolfo Pérez Abellás
político español
Adolfo Pérez Abellás, nado en Loureiro (Rouzós, Amoeiro) o 25 de setembro de 1952, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE, deputado pola Provincia de Ourense no Congreso dos Deputados nas lexislaturas XIIIª e XIVª.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1952 (71 anos) Loureiro, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Representa: Partido dos Socialistas de Galicia 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Ourense | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
21 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , psicopedagogo |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fixo o bacharelato nos Salesianos e estudou Maxisterio. Traballou como mestre en Guadalajara, Donostia e Ourense. É doutor en psicopedagoxía e profesor contratado doutor no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.[1] Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano, foi de segundo na lista do seu partido ao Congreso, obtendo un escano en ambas ocasións.
Ten un fillo e dous netos.[2]
Notas editar
- ↑ Universidade de Vigo
- ↑ "Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2021.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Declaración pública de patrimonio (na XIII Lexislatura).