Adolfo Domínguez SA

empresa téxtil galega
(Redirección desde «Adolfo Domínguez S.A.»)

Adolfo Domínguez é unha empresa galega do sector téxtil con sede en Ourense propiedade do empresario Adolfo Domínguez Fernández.

Adolfo Domínguez S.A.
TipoSociedade Anónima
Fundación1973
LocalizaciónPolígono San Cibrao das Viñas, 32911 Ourense Galicia Galiza
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio148,45 millóns de € (2012)[1]
Beneficio neto-24,1 millóns de €
Número de empregados803[2]
Na rede
http://www.adolfodominguez.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de xastrería en 1973. O crecemento da empresa iníciase nos anos 1980 co lema "La arruga es bella". A marca adquiriu notoriedade grazas á serie de televisión Miami Vice. Nos anos 1990 a empresa medra con franquías e tendas propias. AD foi a primeira marca de roupa en comercializar unha colección de perfumes. En 1997 comeza a cotizar na bolsa de Madrid.

A empresa tiña en 2012 un total de 695 establecementos no mundo, 446 en España e 249 fóra.

Notas editar