O adobe palabra que provén do árabe al-tub[1] (طوب), é un ladrillo sen cocer,[2] feito con barro (arxila e area) mesturado con palla ou feo e secado ó sol, utilizado na construción;[3] ; con eles constrúense diversos tipos de elementos construtivos, como paredes, muros e arcos.

Parede de adobe.

A técnica de elaboralos e o seu uso están estendidos por todo o mundo, atopándose en moitas culturas que nunca tiveron relación entre si. As estruturas de abobe son extraordinariamente duradeiras e as edificacións de adobe son as máis antigas que se conservan, na cidade de Çatalhöyük (Anatolia). Ademais, contan coa vantaxe de que nos climas cálidos conservan o interior frío, aínda que requiren dun mantemento continuo xa que a auga da chuvia desfai o adobe.

Notas editar

  1. Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid - España: Akal. p. 10. ISBN 978-84-460-0924-5. 
  2. Diego Antonio Rejón de Silva: Diccionario de las Nobles Artes. 1788. p. 8. Edición del COAM en 1995.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adobe.