Administración de xustiza galega

A Administración de xustiza galega é o conxunto de organismos de xustiza localizados en Galicia, dependente da administración de xustiza estatal. Está estruturada en 5 tribunais e 227 xulgados, onde traballan 321 xuíces e maxistrados. A proporción é, pois, de once xuíces profesionais por cada cen mil habitantes.

Este ámbito comprende, ademais, 4 fiscalías provinciais, integradas por 124 membros do Ministerio Fiscal.

Apoian a actividade xurisdicional dos xuíces e das fiscalías, as unidades da oficina xudicial (180 secretarios xudiciais e 2 256 funcionarios[Cómpre referencia]), o Instituto de Medicina Legal (53 médicos forenses), así como persoal laboral facultativo ou técnico (psicólogos, lingüistas, traballadores sociais, educadores sociais, peritos, tradutores, auxiliares de autopsias) e persoal de servizos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia culmina a estrutura desta organización, no segundo nivel sitúanse as audiencias provinciais e na base os xulgados.

Xulgados galegos editar

A planta xudicial galega (234[1]) está distribuída do seguinte xeito:

 
Sede das Seccións da Audiencia en Vigo.

Xulgados de paz editar

Os xulgados de paz galegos son 270, constituídos nas capitais dos concellos que non son cabeceira de partido xudicial.

Notas editar

  1. Véxanse en anexos da Lei 38/1988 de Demarcación e Planta Xudicial, actualizados anualmente polos Reais decretos de creación de unidades xudiciais