Adjany Costa, nada en Huambo en 1989, é unha bióloga mariña e conservacionista angoleña que desempeñou o cargo de Ministra de Cultura, Turismo e Medio Ambiente do seu país.[1][2][3]

Infotaula de personaAdjany Costa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Adjany da Silva Freitas Costa Editar o valor em Wikidata
1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Província do Huambo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ministro da Cultura, Turismo e Ambiente (pt) Traducir
6 de abril de 2020 – 26 de outubro de 2020 – Jomo Fortunato (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Algarve (pt) Traducir
Universidade Agostinho Neto
Universidade de Oxford - Doutor en filosofía
Universidade de Bremen (pt) Traducir
Universidade de Oviedo
Universidade Técnica de Angola (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: adjanycosta Instagram: adjanycosta LinkedIn: adjany-costa-705a2989 Souncloud: adjany-costa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Costa ten un máster universitario e está a traballar para obter o seu doutoramento na Universidade de Oxford.[1] É exploradora da revista National Geographic, e apareceu no documental de 2019 Into the Okavango sobre o delta do Okavango.[4]

En abril de 2020, Costa foi nomeada Ministra de Cultura, Turismo e Medio Ambiente de Angola, converténdose na ministra máis nova na historia do seu país.[1] En outubro dese mesmo ano, foi apartada do posto polo presidente João Lourenço e reasignada como asesora do mesmo.[5]

Recoñecementos editar

Costa foi a gañadora en 2019 do premio Novos Campións da Terra en representación do continente africano do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.[6] Ese mesmo ano, recibiu a Primeira Orde do Mérito Civil angolano en recoñecemento ao seu traballo de conservación comunitaria en colaboración co pobo Luchaze das terras altas orientais de Angola e o delta do Okavango.[7][8][9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Africa, Forbes (2020-05-26). "‘With Covid-19, See How Resilient Nature Is’" (en inglés). Consultado o 2021-04-19. 
  2. "Who is Adjany Costa, the youngest minister in Angola's history?" (en inglés). Consultado o 2021-03-05. 
  3. "WildCRU's Adjany Costa appointed as Angola's Minister of Culture, Tourism and the Environment | WildCRU" (en inglés). Consultado o 2021-03-05. 
  4. "'Into the Okavango': Film Review | Tribeca 2018" (en inglés). 2018-04-30. Consultado o 2021-03-09. 
  5. "João Lourenço exonerates Adjany Costa from her position as Minister of Culture, Tourism and Environment" (en inglés). Consultado o 2021-03-05. 
  6. UNEP. "Adjany Costa" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2021. Consultado o 2021-03-05. 
  7. "2019 Young champion for Africa receives civil award" (en inglés). 2019-11-13. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-05. 
  8. "Adjany Costa" (en inglés). 2019-02-04. Consultado o 2021-03-05. 
  9. UNEP (2019-09-17). "Young environmental prize winner for Africa is saving the world's last wild hotspots" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-05.