Montes Adirondack

(Redirección desde «Adirondack»)

Os montes Adirondack (en inglés: Adirondack Mountains) é un macizo montañoso dos Estados Unidos no nordés do estado de Nova York. Ten unha extensión de 13 000 km2[1] entre montañas, terras boscosas, outeiros redondos, vales en forma de U e lagos. Eríxese por riba da rexión montañosa dos Apalaches.

Montes Adirondack
Adirondack Mountains
Os Adirondack dende a cima do monte Whiteface
Localización
Continente/sAmérica do Norte
País/esEstados Unidos de América Estados Unidos
Coordenadas44°06′45″N 73°55′26″O / 44.11250, -73.92389Coordenadas: 44°06′45″N 73°55′26″O / 44.11250, -73.92389
Datos
Principais cumesMonte Marcy
Cota1692 msnm
Superficie13 000 km2

Etimoloxía editar

Pénsase que a palabra Adirondack provén do vocábulo mohawk ha-de-ron-dah que significa "comedores de árbores". O primeiro uso escrito, que aparece como Rontaks, foi en 1729 por parte do misioneiro francés Joseph-François Lafitau. Este explicou que a palabra era empregada polos iroqueses como expresión despectiva contra os grupos de algonquinos que nos practicaban a agricultura e polo tanto ás veces tiñan que comer árbores para sobrevivir durante o inverno. Como os mohawks non tiñan linguaxe escrita nesa época, os europeos empregaron varias traducións fonéticas da palabra, como Achkokx, Rondaxe e Adirondax.[2] Estas palabras estaban moi asociadas á rexión, mais non eran aínda consideradas un topónimo: un mapa inglés de 1761 nomea a área simplemente como Deer Hunting Country ("país da caza do cervo"). En 1837, os montes foron chamados Adirondacks por Ebenezer Emmons.[3]

Montañas editar

O conxunto dos montes de Adirondack consíderase «montañas novas» pois segundo un estudo orográfico medra 1,5 mm anualmente. O cumio máis alto é o monte Marcy con 1629 m, fonte máis alta do río Hudson.[4] Existen unhas corenta montañas que superan os 1200 metros.

A maioría dos montes altos teñen tres zonas de vexetación:

Parque nacional editar

En 1882, o estado de Nova York declarou a rexión parque nacional aínda que existían propiedades privadas que se manteñen. O fin desta declaración foi conservar «a vida silvestre [, e que as terras] non se poidan vender, arrendar ou intercambiar, nin seren ocupadas por corporacións, privadas ou estatais».

Notas editar

  1. The Young people's encyclopedia of the United States. Shapiro, William E. Brookfield, Conn.: Millbrook Press. 1993. ISBN 1-56294-514-9. OCLC 30932823. 
  2. Sulavik, Stephen B. (2007). Adirondack : of Indians and mountains, 1535–1838. Fleischmanns, N.Y.: Purple Mountain Press. pp. 21–51. ISBN 978-1930098794. 
  3. Cherniak, D. J. "Ebenezer Emmons (1799–1863)". Rensselaer Polytechnic Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2015. 
  4. The Young people's encyclopedia of the United States. Shapiro, William E. Brookfield, Conn.: Millbrook Press. 1993. ISBN 1-56294-514-9. OCLC 30932823. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar