Aden Abdullah Osman Daar

político somalí

Aden Abdullah Osman Daar (Aaden Cabdulle Cusmaan Daar) (nado en 1908, morto o 8 de xuño de 2007) foi o primeiro Presidente de Somalia após súa independencia en 1960.

Infotaula de personaAden Abdullah Osman Daar
Nome orixinal(so) Aaden Cabdulle Cusmaan Daar Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Beledweyne, Hiiraan Region
Morte8 de xuño de 2007 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Nairobi, Kenya Editar o valor em Wikidata
Cargos
Primeiro Presidente de Somalia
Datos persoais
País de nacionalidadeSomalia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam e Sunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoSomali Youth League (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Biografía editar

Aden Abdullah Osman naceu en Beledweyne, na rexión de Hiiraan. Após seren educado nas State Schools, adquiriu experiencia administrativa nas oficinas do Goberno, e máis tarde, adicouse ós seus propios negocios. En febreiro de 1944, uniuse ó Somali Youth Club, que despois mudaría o seu nome polo de Somali Youth League), converténdose en membro da xunta directiva do partido e sendo nomeado en 1946 Secretario da sección Belet Weyne. É membro da tribo Hawiye.

En 1951, o Consello Rexional de Mudug o designou para o Consello Territorial no que serviu ininterrompidamente até febreiro de 1956 como reprensentante da SYL.

En 1953 foi nomeado Vicepresidente do Consello Territorial. En 1954 converteuse en Presidente da SYL, sendo reelixido en maio do 58, e ocupando simultaneamente ese posto co de Presidente da Asemblea Lexislativa até o 1 de xullo de 1960.

En 1956, cando o Consello Territorial foi substituído pola Asemblea Lexislativa, foi elixido membro da Asemblea Nacional polo Distrito de Belet Wayne nas elecciónse xeráis, e ó mesmo tempo a Asemblea Lexislativa nomeábao como o seu Presidente.

Nas eleccións xeráis de 1959, foi elixido de novo como Presidente da Asemblea Nacional, mantendo ese posto cando a Asemblea Lexislativa foi convertida na Asemblea Constituínte.

Como Presidente da Asemblea Constituínte, o 1 de xullo de 1960 proclamou a independencia da República de Somalia]] e a unificación dos territorios do norte e do sur - as antigas Somalilandia Británica e Somalilandia Italiana. A Asemblea Nacional elixiuno como Presidente Interino da República por período dun ano, sendo reelixido ó ano seguinte por 6 anos.

Aden Abdullah Osman interesouse polos estudos legais, sociais e económicos. Ademais de somalí, falaba italiano, inglés e árabe. Nas presidenciais de 1967 perdeu contra Abdirashid Ali Shermarke. O seu tempo como presidente rematou o 10 de xuño de 1967.

De acordo coa Constitución da República, o Presidente salinte goza de posto vitalicio na Asemblea Nacional somalí. Osman Daar actou como antigo home de estado nos intentos de establacer unha paz duradeira en Somalia.[1] É actualmente o ex-Xefe de Estado que aínda vive do mundo.

Morreu o 8 de xuño de 2007 en Nairobi, sendo oficiado un funeral de estado na súa honra.

Notas editar


Predecesor:
Inaugural
 Presidente de Somalia 
19601967
Sucesor:
Abdirashid Ali Shermarke