Ademir Vieira
Ademir Vieira, nado en São Paulo o 21 de outubro de 1951, é un exfutbolísta que xogaba na demarcación de centrocampista.
Ademir Vieira | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 21 de outubro de 1951 | ||
Lugar de nacemento | São Paulo | ||
Posición | centrocampista | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezaría a xogar no Santo Andre, de onde pasaría ao Olhanense en Segunda División do Brasil, ascendendo ese mesmo ano á máxima categoría. Pronto espertaría o interese dos grandes clubs de Portugal fichando polo FC Porto no ano 1975. Con este equipo gañaría a Copa de Portugal e a Liga, marcando o gol que deu o título no último encontro da tempada ante o Benfica.
No ano 1978 ficha polo Celta de Vigo onde xogou cinco anos, disputando 66 encontros e marcando 13 goles, sendo o máximo goleador do equipo na tempada 1979-80 con 10 tantos. Unha vez rematado o contrato co Celta volve a Brasil para retirarse, pero o presidente do Olhanense convenceuno para que xogase outros dous anos no club, e tras un ano no Louletano e outro no Imortal retirouse con 37 anos en 1987.
Actualmente dirixe a Escola luso-brasileira de formación de xogadores.
Palmarés editar
- Copa de Portugal co FC Porto, tempada 1976-77
- Liga de Portugal co FC Porto, tempada 1977-78
- Campión de Segunda División de España co Celta de Vigo, tempada 1981-82