Adam Lonitzer

botánico alemán

Adam Lonicer, Adam Lonitzer ou Adamus Lonicerus, nado en Marburg o 10 de outubro de 1528 e finado en Frankfurt o 29 de maio de 1586, foi un botánico alemán, notable pola súa revisada versión de 1557 do herbario do famoso Eucharius Rösslin (1470 – 1526).

Infotaula de personaAdam Lonitzer

Retrato de Adam Lonicer de 1582
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1528
Marburg
Morte29 de maio de 1586
Frankfurt
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Maguncia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Frankfurt
Marburgo Editar o valor em Wikidata
OcupaciónBotánico prelinneano, profesor, matemático
EmpregadorUniversidade Philipps de Marburgo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLonitzer Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMagdalena Egenolff
FillosJohann Adam Lonicerus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun teólogo e filólogo,[1] estudou en Marburg e na Universidade de Maguncia, sendo alumno de Conrad Gessner, obtendo a súa mestría aos dezaseis anos. Foi nomeado profesor de Matemática na Universidade de Marburg en 1553, doutorándose en Medicina en 1554, converténdose no médico de Frankfurt. Porén, a súa verdadeira paixón foron as herbas e o estudo da botánica. A súa primeira importante obra foi sobre herbas, Kräuterbuch, publicada en 1557, cunha gran parte desta ocupándose da destilación. Lonicer recoñeceu as súas fontes para o libro, acreditando a Jean Ruelle (1474-1537), Valerius Cordus, Pietro Andrea Mattioli, Hieronymus Braunschweig e Conrad Gessner.

Lonicer casou con Magdalena Egenolff, filla do seu editor de Frankfurt, Christian Egenolff; e cando este faleceu en 1555, Lonitzer foi director da firma, publicando logo non menos de catro edicións de Kräuterbuch entre 1557 e 1577.

O xénero Lonicera da familia Caprifoliaceae chámase así na súa honra.[2]

A abreviatura Lonitzer emprégase para indicar Adam Lonitzer como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Frank J. Anderson (1977): An Illustrated history of the herbals. Columbia University Press : xiv + 270 pp.

Ligazóns externas editar