Adam Driver

actor estadounidense

Adam Douglas Driver, nado o 19 de novembro de 1983, é un actor estadounidense. Durante a súa carreira recibiu numerosos premios, incluíndo a Copa Volpi ó mellor actor, así como nomeamentos ós Premios Tony, ós Premios Óscar, e ós Premios Primetime Emmy.

Infotaula de personaAdam Driver

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Adam Douglas Driver Editar o valor em Wikidata
19 de novembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Juilliard
University of Indianapolis (en) Traducir
Mishawaka High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura189 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de cinema (2011–), actor de televisión (2010–2015), actor de teatro , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Fuzileiros Navais dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJoanne Tucker (2013–)
Premios

IMDB: nm3485845 Allocine: 502681 Rottentomatoes: celebrity/adam_driver Allmovie: p703630 TCM: 11536026 TV.com: people/adam-driver IBDB: 488369
TED: adam_driver Musicbrainz: a5b05509-5cec-427e-a9f9-c25d4f7dffa9 Discogs: 3498677 WikiTree: Driver-1312 Genius: Adam-driver Editar o valor em Wikidata

Driver fixo o seu debut en Broadway con Mrs. Warren's Profession (2010) e despois apareceu en Man and Boy (2011). Acadou certa fama co papel secundario na serie de HBO Girls (2012–2017), polo cal recibiu tres nomeamentos consecutivos ós Premios Primetime Emmy. Driver comezou a súa carreira no cinema en papeis secundarios en Lincoln (2012) de Steven Spielberg, Frances Ha (2012) de Noah Baumbach, Inside Llewyn Davis (2013) dos irmáns Coen e Silence (2016) de Martin Scorsese. Gañou a Copa Volpi ó mellor actor polo seu papel no drama Hungry Hearts (2014) e protagonizou Paterson (2016) de Jim Jarmusch.

Driver conseguiu o recoñecemento internacional pola súa interpretación de Kylo Ren na triloxía secuela (2015–2019) da Guerra das galaxias. En 2019, regresou ó teatro con Burn This, papel polo cal foi nomeado ó Premio Tony ó mellor actor. Conseguiu dous nomeamentos consecutivos ós Premios Óscar; como mellor actor secundario por BlacKkKlansman (2018) de Spike Lee, e como mellor actor por Marriage Story (2019) de Noah Baumbach.[1]

Driver é veterano da Corpo de Marines dos Estados Unidos.[2][3] É fundador de Arts in the Armed Forces, unha organización sen ánimo de lucro que achega programas artísticos de balde para militares en servizo, veteranos, asistentes e as súas familias en todo o mundo.[4]

Notas editar

  1. Buchanan, Kyle. "Adam Driver: 'Acting is not glamorous in its making'". The Irish Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  2. Brady, Tara (29 de decembro de 2016). "Adam Driver, on Star Wars, Scorsese and stepping up after 9/11". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  3. "Adam Driver Talks About His Most Favorite Birthday Gift Ever". W Magazine. 19 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2018. Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  4. "Arts in the Armed Forces". www.vice.com (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar