Acordo de Linas-Marcoussis

O Acordo de Linas-Marcoussis é un acordo de paz ao que se chegou o 24 de xaneiro de 2003 como remate da Guerra Civil de Costa do Marfil.

Participantes editar

Entre o 13 de xaneiro e o 25 de xaneiro de 2003 reuníronse nos veciños concellos franceses de Linas e de Marcoussis, representantes dos principais partidos políticos marfileses coa intermediación do presidente da República Francesa, Jacques Chirac. Os partidos políticos participantes foron:

Á xuntanza chegábase logo de máis de dous anos de guerra civil entre as rebeldes Novas Forzas de Costa do Marfil (MJP, MPCI e MPIGO), que controlaban a metade setentrional do país, de maioría musulmá, e o exército gobernamental, que controlaba a metade meridional, de maioría cristiá, e as principais vías de comunicación co exterior.

O moderador das conversas foi o maxistrado francés Pierre Mazeaud, que logo sería presidente do Tribunal Constitucional galo, coa axuda do xuíz Keba Mbaye e do antigo primeiro ministro Seydou Diarra.

Resultados editar

O acordo contemplaba a creación dun goberno de unidade nacional, onde se integrasen todos os partidos políticos, e que se encargaría da convocatoria de eleccións presidenciais e lexislativas. O goberno debería estar dirixido por un primeiro ministro neutral, que non podería presentarse aos comicios presidenciais seguintes. Tamén sinalaba o acordo a reforma das Forzas Armadas así como o desarmamento das forzas rebeldes, e garantía unha amnistía para os militares das súas partes implicadas no conflito. Así mesmo, tamén lles outorgaba á ONU, a Francia e á CEDEAO o papel de árbitros destes procesos.

Consecuencias editar

Durante os meses seguintes, o desarmamento das forzas rebeldes foi parcial e incompleto, e tardou meses en comezar. Máis aínda tardou a convocatoria de eleccións presidenciais e lexislativas, que non se chegou a producir ata 2010.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar