O acocho ou agocho é un xogo infantil moi simple, consiste en que un dos xogadores debe atopar o resto dos xogadores que se agocharon previamente. Pódese xogar nunha eira, nun bosque, nun parque, nunha casa ou calquera outro sitio que teña lugares para agocharse.

Nenos e nenas xogando aos agochos nun patio dunha aldea grega; unha nena panda cntra a parede e os outros corren para esconderse.
Nenos e nenas xogando aos agochos nun patio dunha aldea do norte de Grecia.

Normas do xogo editar

O xogo presenta moitas variantes como é habitual nos xogos populares. A modo de exemplo descríbese unha:

  1. Bótanse as sortes para saber que neno ou nena panda[1].
  2. O rapaz ou rapaza que panda apóiase sobre o antebrazo contra unha parede ou unha árbore.
  3. Canta a cantiga, cantarela ou cantilena do xogo (véxase máis abaixo).
  4. Conta até un número acordado, por exemplo, até 10.
  5. Mentres tanto os demais escóndense.
  6. O cativo ou cativa que panda sae á busca dos demais.
  7. Cando dá con algún, tócao e volve correndo ao lugar onde pandou e toca a parede ou árbore.
  8. Segue a buscar o resto dos xogadores e xogadoras até encontralos a todos.
  9. Se algún dos agochados volve ao lugar de pandar antes que o que pandou, berra algunha frase como "1, 2, 3, (e o seu nome)", podendo salvarse ou salvar a todos os demais consigo.
  10. Se o que panda encontra a todos os demais, o último atopado será quen pande no seguinte xogo.

Variantes do nome editar

Este xogo pode chamarse de diversas formas[2]:

  • Xogar ás agachadas.
  • Xogar aos acochos.
  • Xogar aos agochos.
  • Xogar á lebrescura.

Cantigas do xogo editar

O xogo vai frecuentemente acompañado dunha cantiga que se canta mentres un dos nenos ou nenas panda como[2]:

Un, dous, tres, zapatiño inglés, Sen mover as mans nin os pés.

Ou tamén:

Un, dous, tres,

Zapatiño quieto é.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar