Acidose respiratoria

A acidose respiratoria é un trastorno do equilibrio ácido-base caracterizado por un pH inferior a 7,35 debido a unha patoloxía respiratoria.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A acidose prodúcese cando por mor dun problema ventilatorio vese elevada a presión parcial de dióxido de carbono (CO2). O aumento da CO2 produce un aumento dos protóns, causando unha baixada no pH sanguíneo. No organismo humano o CO2 disóciase nunha molécula de auga e nunha de ácido carbónico (H2CO3), e este á súa vez disóciase no ión bicarbonato e nun hidroxenión. A acumulación de CO2 ocasiona un aumento de hidroxenións e unha acidose.

Causas de acidose respiratoria editar

As causas deste trastorno metabólico localízanse a nivel respiratorio. Unha malfunción deste é a causa do incremento da CO2. Son posibles varias causas:

Complicacións editar

A depresión respiratoria pode producir unha parada cardiorespiratoria ou diversas arritmias, incluíndo fibrilación ventricular. A acumulación excesiva de CO2 pode producir en casos leves cefalea e vómitos. En casos máis graves produce unha vasodilatación periférica e risco de shock distributivo. A súa toxicidade sobre estruturas vasculares pode producir o fenómeno contrario de vasoconstrición.

Tratamento editar

De forma xenérica pode ser precisa ventilación mecánica. Nalgunhas intoxicacións, o bicarbonato permite alcalinizar os ouriños e eliminar parte do tóxico, que adoita ser unha substancia ácida débil.

Na maioría dos casos é imprescindible o tratamento etiolóxico adoitado.

Notas editar