Achyrocline satureioides

Achyrocline saturejoides

Achyrocline satureoides
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Gnaphalieae
Xénero: 'Achyrocline'
Especie: ''A. saturejoides''
Nome binomial
'Achyrocline saturejoides'
(Lam.) DC. 1838

A Achyrocline saturejoides é unha especie pertencente á familia das asteráceas utilizada como planta medicinal. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]

Inflorescencia.

Descrición editar

É un arbusto ou sub-arbusto perenne que alcanza ao redor dun metro de altura. Talos ascendentes ou decumbentes con indumento lanoso denso. Follas lineares, linear-lanceoladas, estreitamente lanceoladas ou estreitamente oblanceoladas, concoloras, con pubescencia lanosa densa. Capítulos con 4-8 flores, 1-3 hermafroditas e 3-6 femininas. Involucro de 9-14 filarias amarelas ou amarelo-avermelladas, con pubescencia lanosa. Aquenios anchamente elipsoidais, con papilas pequenas. Papos máis longos que a corola.[2]

Distribución editar

Distribúese en Suramérica nos seguintes países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Paraguai, Perú e Uruguai.[3]

Taxonomía editar

Achyrocline saturejoides foi descrita por (Lam.) DC. e publicada en Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis 6: 220. 1837[1838].[4]

Sinonimia
  • Achyrocline vargasiana
  • Gnaphalium saturejoides Lam. basónimo 1786[5]
  • Achyrocline candicans (Kunth) DC.
  • Gnaphalium candicans Kunth
  • Gnaphalium rufum Willd. ex Less.
  • Gnaphalium saturejaefolium Poepp. ex DC.[6]

Ortografía editar

Orixinalmente publicada como satureioides. Corrixiuse a saturejoides de acordo ao artigo 60.6 ex. 15 do ICN que estipula que un epíteto de orixe do latín (non grego) un "i" entre dúas vogais débese tratar como unha semivogal e debe ser corrixida a un "j".[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Toursaskiassian, M. 1980. Plantas Medicinales de la Argentina. Ed. Hemisferio Sur. Buenos Aires. p. 25

Ligazóns externas editar