Achtung Baby

álbum de U2

Achtung Baby é o sétimo álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 19 de novembro de 1991. O álbum marca un cambio drástico no son da banda, collendo moitas influencias electrónicas nos ritmos, tendo unha produción máis detallada e máis efectos de guitarra, así como un contido nas letras máis escuro e persoal.

Achtung Baby
Álbum de U2
Publicado19 de novembro de 1991
Gravación1990
Estudio(s)Hansa Ton Studios (Berlín) e Windmill Lane Studios (Dublín)
Duración55:27
Xénero(s)rock, rock alternativo
Selo(s)Island Records
Producido porDaniel Lanois con Brian Eno
Cronoloxía
Rattle and Hum Achtung Baby Zooropa

Achtung Baby foi colocado no número 63 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1]. No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o cuarto mellor álbum dos anos 90[2].

Listaxe de cancións editar

A música está composta por U2, e as letras escritas por Bono e The Edge.

  1. "Zoo Station" – 4:36
  2. "Even Better Than the Real Thing" – 3:41
  3. "One" – 4:36
  4. "Until the End of the World" – 4:39
  5. "Who's Gonna Ride Your Wild Horses" – 5:16
  6. "So Cruel" – 5:49
  7. "The Fly" – 4:29
  8. "Mysterious Ways" – 4:04
  9. "Tryin' to Throw Your Arms Around the World" – 3:53
  10. "Ultraviolet (Light My Way)" – 5:31
  11. "Acrobat" – 4:30
  12. "Love Is Blindness" – 4:23

Notas editar

  1. "Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2009. Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  2. "10 mellores álbums dos 90 segundo os lectores da Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2011.