Acerbaixán nos Xogos Olímpicos

Acerbaixán participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos como país independente en 1996, e mandou atletas para competiren en todos os Xogos desde entón. Anteriormente, os atletas do país competiron como parte da Unión Soviética de 1952 a 1988, e tras a disolución da Unión Soviética, o Acerbaixán formou parte do Equipo Unificado en 1992.

Acerbaixán nos Xogos Olímpicos

Código COI AZE
Comité nacional Comité Olímpico Nacional de Acerbaixán
www.noc-aze.org/az/ (en azarí)
Medalleiro
Ouro
7
Prata
14
Bronce
28
Total
49

Atletas do país xa gañaron 49 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán. O país nunca gañou medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno. O Comité Olímpico Nacional de Acerbaixán foi creado en 1992 e recoñecido polo COI en 1993. A súa última gran competición foi nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018.

En 2016, Acerbaixán converteuse nun dos dous únicos países (sendo o outro o Reino Unido, tamén entre 2000 e 2016) en incrementar o número de medallas en cinco Xogos consecutivos.[1] O éxito do equipo de Acerbaixán nos Xogos de 2016 débese principalmente á participación de cidadáns naturalizados, xa que 12 das 16 medalllas logradas por Acerbaixán neses Xogos foron conseguidas por deportistas nados fóra do país (principalmente en Rusia, Ucraína, Belarús e Irán).[2]

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1896–1948 non participou
1952–1988 como parte da   Unión Soviética
  Barcelona 1992 como parte do   Equipo Unificado
  Atlanta 1996 23 0 1 0 1 61
  Sydney 2000 31 2 0 1 3 34
  Atenas 2004 36 1 0 4 5 50
  Pequín 2008 44 1 1 4 6 40
  Londres 2012 53 2 2 5 9 30
  Río de Xaneiro 2016 56 1 7 10 18 39
  Toquio 2020 44 0 3 4 7 67
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 7 14 28 49 44

Medallas nos Xogos de Inverno editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
1924–1948 non participou
1952–1988 como parte da   Unión Soviética
1992-1994 non participou
  Nagano 1998 4 0 0 0 0
  Salt Lake City 2002 4 0 0 0 0
  Turín 2006 2 0 0 0 0
  Vancouver 2010 2 0 0 0 0
  Sochi 2014 4 0 0 0 0
  Pyeongchang 2018 1 0 0 0 0 0
  Pequín 2022 Evento futuro
  Milán–Cortina 2026
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte editar

Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Loita 4 6 13 25
  Judo 1 2 2 5
  Tiro 1 0 2 3
  Taekwondo 1 0 2 3
  Karate 0 2 0 2
  Boxeo 0 1 8 9
  Piragüismo 0 1 1 2
Total 7 14 28 49

Notas editar

  1. "Great Britain on brink of historic record at Rio 2016 as lottery funding pays dividends in Olympic medals" (en inglés). 2016-08-20. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  2. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar