Accidentes nucleares de Fukushima I

Os accidentes nucleares de Fukushima I comprenden unha serie de explosións nos edificios que albergan os reactores nucleares, fallos nos sistemas de refrixeración ou liberación de radiación á atmosfera, rexistrados nas instalacións da central nuclear de Fukushima I, está localizado nos concellos de Ōkuma e de Futaba no distrito de Futaba na prefectura de Fukushima, a consecuencia dos danos ocasionados polo terremoto, e posterior tsunami, que afectou o nordés do Xapón o 11 de marzo de 2011.

Foto aérea da planta antes do accidente. Esta foto é de 1975, cando o reactor 6 estaba aínda en construción

Causas editar

 
Mapa mostrando o epicentro do terremoto e a posición das centrais nucleares afectadas (lendas en inglés).

Hai evidencias dunha fusión parcial do núcleo nos reactores 1, 2 e 3; producíronse explosións que destruíron o revestimento superior de hidróxeno dos edificios de aloxamento dos reactores 1, 3 e 4; unha explosión damnificou o confinamento dentro do reactor 2; e múltiplos incendios producíronse no reactor 4. Alén diso, as barras de combustíbel almacenado en piscinas de combustíbel irradiado das unidades 1-4 comezaron a sobrequentar os niveis de auga nas piscinas abandonadas.

Os traballadores da fábrica sufriron exposición á radiación e foron temporalmente evacuados en varios momentos. O 11 de abril as autoridades xaponesas designaron a magnitude do perigo nos reactores 1, 2 e 3 no nivel 7, considerando que a escala vai do 1 ao 7 na Escala Internacional de Accidentes Nucleares (INES).[1] A enerxía foi restaurada para partes da central nuclear o 20 de marzo, mais máquinas damnificadas por inundacións, incendios e explosións permaneceron inoperantes.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar