Acción Gallega (1920)

Acción Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1920 e 1925, bilingüe, con predominio do castelán.[1]

Acción Gallega

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeBuenos Aires
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Publicación Oficial de Casa de Galicia, apareceu o 24 de xuño de 1920. A partir do número 14 cambiou o seu subtítulo por Revista Mensual de Casa de Galicia. Dirixido por Rodolfo Prada, os redactores eran Javier Insua, Eduardo Blanco Amor, E. Rosal, Manuel Agromayor, E. Calviño de Castro, Félix Ferro, Julio Viale Paz e o debuxante S. Santiago. Entre os seus colaboradores figuraron Xaquín Bacelo, Antonio Noriega Varela, Eladio Rodríguez González, Ramón María del Valle-Inclán, Fortunato Cruces, Manuel Castro López, Roberto Blanco Torres e Joaquín Pesqueira. Era unha publicación societaria que informaba das actividades da asociación e da colectividade emigrada, pero tamén publicou numerosos artigos literarios. O último número coñecido é o 58, de 1925.

Notas editar

  1. Fondos documentais Consello da Cultura Galega.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar