Acceso universal á educación

dereito humano fundamental

O acceso universal á educación refírese á igualdade de oportunidades educativas, é dicir, que todos os membros dunha sociedade teñan a oportunidade de recibir educación independentemente da súa clase social, xénero, orixe étnica ou discapacidade física ou intelectual.[1][2] O termo úsase tanto en relación ao ingreso á universidade, como á tecnoloxía de apoio para discapacitados.[3] Algúns críticos senten que na educación superior esta práctica, en oposición a unha meritocracia estrita, provoca unha baixada nos estándares académicos.[4] Para facilitar o acceso da educación a toda a súa poboación, na maioría dos países existe o dereito á educación.[5]

Conferencia na Facultade de Enxeñaría Biomédica, Universidade Técnica Checa en Praga, in Praga, República Checa.
Estudantes e profesores en Ghana nun desfile pola educación inclusiva.

O acceso universal á educación fomentou o desenvolvemento dunha variedade de enfoques pedagóxicos que estudaron como difundir o coñecemento a través de diversas contornas sociais, culturais, económicas, nacionais e biolóxicas. Inicialmente desenvolveuse en termos de igualdade de oportunidades e inclusión de estudantes con discapacidades físicas ou mentais. Actualmente, con todo, os temas que rexen o acceso universal á educación expandíronse a través de todas as formas de habilidade e diversidade. Con todo, como a definición de diversidade é ampla, os mestres que exerzan o acceso universal á educación continuamente enfrontarán desafíos e incorporarán axustes no seu plan de lección para fomentar temas de igualdade de oportunidades de educación.[6]

A medida que o sistema educativo dos Estados Unidos se volveu máis inclusivo, os profesores e instrutores universitarios vense obrigados (nalgúns casos por lei) a adaptar os seus métodos de ensino para facilitar o acceso de todos os estudantes á aula.[7] O acceso universal á educación universitaria implica que o sistema ten que estar preparado para cubrir as necesidades de todos os alumnos cunha variedade de diferentes métodos de avaliación de aprendizaxe e retención. Estes, por exemplo, poden servir para determinar canto material se aprendeu, un profesor pode utilizar múltiples métodos de avaliación. Os métodos de avaliación poden incluír un exame completo, exames de unidade, traballos de investigación, revisións de literatura, exames orais ou tarefas.[8] Proporcionar unha variedade de formas de avaliar o alcance da aprendizaxe e a retención do aprendido non só serve para identificar as brechas no acceso universal, senón que pode axudar a melloralo.

Discriminación e igualdade na educación editar

 
Cienfuegos, grupo sen fins de lucro que ensina arte a persoas con discapacidade en Cuba.

Debido ao carácter universal dos dereitos humanos, estes deben ser aplicados a todos por igual e sen discriminación. Con todo, existe un número significativo de persoas que non teñen acceso á educación debido a diferentes formas de discriminación.[9]

A discriminación máis obvia ocorre en termos de acceso á educación. Por exemplo, nalgúns países existen barreiras de xénero que dificultan o acceso das nenas á educación. Entre elas están o matrimonio infantil, o embarazo e a violencia de xénero, que a miúdo actúan como impedimentos para que as nenas asistan á escola ou contribúen a que a abandonen. [9] As persoas con discapacidade a miúdo enfróntanse a problemas de accesibilidade física, como a falta de ramplas ou o transporte escolar apropiado, o que dificulta o acceso á escola. Os migrantes a miúdo enfróntanse a barreiras administrativas que lles impiden inscribirse, impedíndolles efectivamente acceder aos sistemas educativos.

Con todo, a discriminación tamén pode ocorrer dentro dos sistemas educativos cando certos grupos reciben unha calidade de educación inferior en comparación con outros. A calidade da educación nas escolas urbanas, por exemplo, tende a ser maior que a que se atopa nas zonas rurais. [9]

A discriminación tamén pode ocorrer unha vez rematado o período escolar, cando diferentes grupos de persoas non poden obter os mesmos beneficios da súa escolarización. Por exemplo, os nenos tenden a abandonar a escola cun maior potencial salarial que as nenas cunha educación equivalente. [9]

As disposicións de non discriminación e igualdade existentes no dereito internacional dos dereitos humanos (DIDH) buscan garantir que se aplique o principio de universalidade dos dereitos humanos. A non discriminación e a igualdade non son conceptos abstractos en virtude do dereito internacional dos dereitos humanos (DIDH). [9] Son dereitos humanos elaborados que se desenvolveron durante décadas para abordar a discriminación que as persoas afrontan no día a día. En particular, a educación na que os dereitos á non discriminación e a igualdade se aplicaron ao dereito á educación en numerosos tratados de dereitos humanos, incluído un dedicado ao tema, coñecido como UNESCO CADE.

A pesar de que a non discriminación e a igualdade están aseguradas por lei, os estados nacionais e a comunidade internacional seguen enfrontando o desafío de eliminalos. A comunidade internacional recoñeceu isto no 2015, cando prometeu 'non deixar a ninguén atrás'. [9]

Nos tratados internacionais de dereitos humanos aplícanse os dereitos á non discriminación e a igualdade do dereito á educación a grupos marxinados específicos. Os grupos marxinados son aqueles que sufriron discriminación prolongada e histórica, xeralmente, pero non exclusivamente, en función da súa identidade (xénero, por exemplo), características (etnia, raza) ou circunstancia (refuxiados, migrantes, desprazados internos). É moi probable que a marxinación estea suxeita a formas de discriminación múltiples, compostas ou interseccionais. [9]

Estes grupos marxinados inclúen a: [9]

O acceso á educación na lei editar

En 2009, a Cámara de Deputados da India e o Presidente da India aprobaron un proxecto de lei que lle outorgaba educación gratuíta a todos os nenos entre seis e catorce anos.[10] Foi un gran paso cara á educación universal para todos. Muchkund Dubey, autor do artigo "Lei do dereito dos nenos á educación gratuíta e obrigatoria, 2009: A historia da oportunidade perdida" destaca os problemas de acceso, calidade da educación, implicación financeira e discriminación.

Nos Estados Unidos, o caso Brown vs. Board of Education foi unha decisión histórica para a inclusión, porque atopou e declarou que "as instalacións educativas separadas son inherentemente desiguais".[11] Isto comezou o proceso de desegregación en moitas escolas que aínda non se desagregaran.[12] O significado de Brown vs. Board of Education era o dereito universal de todos os estudantes a asistir a institucións educativas por igual en lugar de por separado en función da súa raza. Jonathan Kozol, autor de The Shame of the Nation, fala acerca de como "as condicións físicas nestas escolas recentemente integradas eran en xeral máis alegres ... o estado de ánimo entre os mestres e os nenos [estaba] máis animado".[13]

Acceso universal á educación editar

 
Exemplos de grupos marxinados.

O acceso universal á educación implica que todas as persoas deben ter as mesmas oportunidades de participar do sistema educativo. Con todo, non todos os individuos, grupos ou grupos étnicos teñen o mesmo acceso. Aos Estados Unidos atribúeselles a idea actual do acceso universal como unha preocupación para as persoas con discapacidade.[14] Dúas axencias internacionais (Organización Mundial da Saúde e Banco Mundial) estimaron que ao redor de mil millóns de persoas en todo o mundo padecen diversos tipos de discapacidade. Entre 93 e 150 millóns deles son nenos.[15] Plan International revelou que estes nenos posiblemente non asistirán á escola e se algunha vez se inscriben, serán separados dos alumnos normais.[16] A Alianza Global para a Educación dixo que aproximadamente o 90 por cento dos nenos afectados por discapacidades de países de baixos e medianos ingresos non están a estudar.[17] Historicamente, estes nenos non están incluídos no sistema educativo ordinario e son enviados a escolas especiais de aprendizaxe.[18]

Até o día de hoxe a educación non é accesible para millóns de nenos en todo o mundo. Hai máis de 72 millóns de nenos en idade de educación primaria que non van á escola. Uns 759 millóns de adultos non teñen educación. Non teñen o coñecemento necesario para mellorar as condicións de vida das súas familias.[19] A pobreza conduce á falta de educación.[20] En case todos os países (en desenvolvemento e desenvolvidos), aos nenos négaselles a educación como resultado das desigualdades que emanan da saúde, o xénero e a identidade cultural como a relixión, o idioma e a orixe étnica. Os factores asociados coa pobreza, incluído o desemprego, os pais analfabetos e as doenzas, aumentan a posibilidade de non escolarizarse e as taxas de abandono escolar.[21] A educación primaria universal converteuse nun problema importante para moitas nacións. A maioría destes estados en desenvolvemento non posúen suficientes recursos financeiros para construír escolas, proporcionar libros e outros materiais, e recrutar, capacitar e pagar aos mestres.[22] A rexión máis afectada foi África Subsahariana, onde 32 millóns de nenos aínda non teñen educación.[23] Esta é seguida por Asia Central e Oriental, así como o Pacífico con 27 millóns ou máis. Con todo, os observadores sinalaron que o acceso universal á educación segue sendo un obxectivo alcanzable para 2030.[24]

Notas editar

  1. "Universal Access to Primary Education - World Affairs Council" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  2. "Universal Access to Learning Improves all Countries | Global Campaign For Education United States Chapter" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2021. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  3. "Definition of Assistive Technology" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  4. MacDonald, Heather (primavera de 2018). "How Identity Politics Is Harming the Sciences". Manhattan Institute. Consultado o 12 de suño de 2018. Lowering standards and diverting scientists’ energy into combating phantom sexism and racism is reckless in a highly competitive, ruthless, and unforgiving global marketplace. 
  5. "Understanding education as a right" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  6. "Equal Right, Equal Opportunity – Inclusive Education for All | Education" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  7. "Progress for America's Children | U.S. Department of Education" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  8. "Methods of assessment" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 9,7 Right to education handbook. UNESCO. 2019. ISBN 978-92-3-100305-9. 
  10. Dubey, Muchkund (2010). "The Right of Children to Free and Compulsory Education Act, 2009: The Story of a Missed Opportunity" 40: 1–13. doi:10.1177/004908570904000102. 
  11. "Brown v. Board at Fifty: "With an Even Hand"". Library Of Congress. Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  12. Kozol, Jonathan (2005). The Shame of the Nation : The Restoration of Apartheid Schooling in America. New York: Crown Publishing Group. p. 6. 
  13. Glazer, Nathan. "'The Shame of the Nation': Separate and Unequal" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  14. "The Right to Education of Persons with Disabilities" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  15. "Persons with disabilities" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  16. "Inclusive education for children with disabilities" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  17. "Education Data" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  18. "Reading: Universal Access to Education | Sociology". Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  19. "Why we need to aim for more than universal education". Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  20. "How Does Poverty Affect Education? | LSU Online" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  21. "Right to Education : Situation around the world - Humanium • We make children's rights happen" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  22. "Universal primary education | Global development" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  23. "Education in Africa" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  24. "Access to education and its issues" (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • he Big Test: The Secret History of the American Meritocracy, 1999, Nicholas Lemann, ISBN 0-374-52751-2.

Outros artigos editar