Nalgunhas igrexas cristiáns un acólito é o que axuda a un sacerdote ou a un diácono nas funcións litúrxicas.

Celebración dunha misa católica coa axuda de acólitos instituídos en Australia

Catolicismo editar

Ata o Concilio Vaticano II o acólito, no seo da igrexa latina, era un crego promovido á máis alta das ordes menores. Tiña como tarefas principais prender as candeas do altar, levalas en procesión, prepararlle a auga e viño ó sacerdote para a celebración da misa. Actualmente e logo das cartas apostólicas Ministeria quaedam e Ad Pascendum[1] de Paulo VI de 1972 un acólito é un ministerio instituído para axudar nas funcións litúrxicas, en especial na misa, ó sacerdote e ó diácono, principalmente a preparación do altar e dos vaso sagrados e extraordinariamente distribuír a eucaristía [2] tradicionalmente exercen as funcións dos acólitos rapaces homes menores de idade que non están formalmente instituídos no ministerio pero que exercen esas funcións, agás as extraordinarias relacionadas coa eucaristía e os vasos sagrados, neste caso dos acólitos non instituídos permítese tamén a participación das mulleres se o aproba o bispo da diocese oído o parecer da Conferencia Episcopal nacional.[3]

 
Celebración dunha misa católica nos Estados Unidos con acólitos, instituídos e non instituídos

Algúns grupos tradicionalistas, como a Fraternidade Sacerdotal de San Pedro, dentro do seo da Igrexa Católica teñen autorización para ordenar seminaristas con ordes menores, incluíndo acólitos . Outros grupos tradicionalistas fóra da autoridade da Igrexa Católica, como a Sociedade de San Pío X ou lefebvristas seguen coa tradición anterior ó Concilio Vaticano II.

Anglicanismo editar

Na tradición anglicana un acólito pode ser de calquera xénero e idade e as súas funcións son semellantes ás dos acólitos católicos.

Notas editar

  1. Lawrence Mick Para entender os sacramentos. Edições Loyola, 2008, páxina 134
  2. Paulo VI Ministeria quaedam
  3. José Aldazábal et al. Ministerios al servicio de la comunidad celebrante. Centro de Pastoral Litúrgica, 2006, páxina 116