Abxalom (אבשלום), na Biblia, é o terceiro fillo e favorito de David. A súa historia está contada no Libro de Samuel.

A morte de Abxalom, ilustración de Gustave Doré

Historia editar

Mandou aos seus criados matar a seu medio irmán, Amnón, que forzara a súa irmá Tamar, fuxindo a continuación onda o rei de Guexur. Despois duns anos o rei David perdoouno e regresou a Xerusalén, pero rebelouse en Hebrón, a antiga capital, co apoio da maioría da poboación de Israel, David tivo que fuxir de Xerusalén e refuxiarse na beira do río Xordán.

O exército de Abxalom foi derrotado na batalla librada nos bosques de Efraím. O xeneral de David, Ioab, aproveita un accidente sufrido por Abxalom para o matar.