O abridor é un trebello metálico utilizado para abrir botellas retirando a chapa. O principio do abridor consiste nun resalte que se insire na base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de panca. Pola súa grande utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de merchandising, por exemplo, para envasadores de bebidas que incorporan o seu logotipo ou imaxe no mango.

Abridor sinxelo

Tipos editar

Entre os diferentes tipos de abridor, pódense destacar:

  • O abridor de mango curto moi propio da hostalaría pois pódese transportar no peto. O seu movemento é de atrás a adiante esixindo maior esforzo e habilidade que os de mango longo. Tamén pode ser pregable combinado cun tirarrollas ou integrado nunha navalla suíza.
  • O abridor con cabeza arredondada cuxo movemento de apertura é de adiante a atrás. Por veces, combínase cun sacarrollas de ás.
  • O apegado a unha parede ou integrado nun recipiente que se emprega para recoller as chapas.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar