Abertzaleen Batasuna

Abertzaleen Batasuna (Unión dos Nacionalistas en éuscaro) (A.B.) é un partido político do País Vasco francés.

Abertzaleen Batasuna (AB)
Partido político do País Vasco francés
Historia
Fundación1993 (coalición)
2001 (partido)
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo vasco
Esquerda
Outros datos
SedeRúa Cordelliers, 25. Baiona
Na rede
abertzaleen-batasuna.over-blog.com

É o partido nacionalista vasco máis forte en Iparralde recibindo arredor do 10% dos votos neste territorio. O seu obxectivo prioritario é a creación dun departamento do Pays Basque de forma separada ó dos Pireneos Atlánticos. Ideoloxicamente, como outros partidos nacionalistas vascos, ten unha ideoloxía esquerdista.

En 2001, membros de AB que desexaban un vínculo máis forte cos vascos do sur abandonaron o partido e formaron a rama vascofrancesa de Batasuna, un partido diferente pero de similar ideoloxía, activo no País Vasco francés e ilegal pero forte no País Vasco español.

AB non xustifica a violencia de ETA, pedindo unha tregua e posterior negociación. ETA ten criticado[1] a AB por esta falta de apoio daqueles a quen vían como unha organización afín.

O xornal máis relacionado con AB é Enbata.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.