Abella africanizada

Co nome de abellas afrinizadas coñécense unha serie de híbridos (impropiamente denominados abellas africanas ou abellas asasinas), procedentes do cruzamento en América da subespecie natural africana da abella común, Apis mellifera scutellata, con abellas crioulas naturalizadas do continente suramericano, pertencentes a varias subespecies de A. mellifera, como Apis mellifera mellifera, Apis mellifera iberica e posibelmente outras.

Abellas africanizadas.

A particularidade destes híbridos é o seu acentuado comportamento defensivo, altamente herdábel, que os fai moi agresivos cando son molestados, atacando en cantidade, moi velozmente e seguido á súa vítima até 900 metros da colmea. Este comportamento provocou en América numerosas mortes de persoas.

Historia editar

 
Mapa que mostra o crecemento da dispersión da abella afrcanizada nos Estados Unidos entre os anos 1990 e 2003.

A súa orixe débese a que, co propósito de incrementar a colleita de mel no Brasil, introducíronse en 1957, preto de São Paulo, 26 mestras de Apis mellifera scutellata orixinarias de Tanzania, co fin de desenvolver un programa de mellora xenética.

Accidentalmente, estas abellas escaparon grazas a un grupo de brasileiros que estaban fumigando no lugar e abriron a gaiola dunha abella mestra, que escapou e se hibridou coas abellas melíferas naturalizadas do Brasil e de Suramérica en xeral.

A partir dese momento expandíronse por todo o continente de maneira constante, avanzando entre 150 e 300 quilómetros ao ano, chegando a América central, México e, despois, aos Estados Unidos, aos estados de Florida, Texas, Arizona e California.

Accidentes descritos editar

En México rexistráranse, até 2003, 3.000 accidentes e máis de 300 mortes por abellas. En Costa Rica rexistráronse 30 casos de mortes. En Colombia rexistráronse máis de 100 mortes e máis de 400 feridos polas picadas destas abellas. Na Arxentina informouse de que enxames invadiron casas de familia matando aos seus moradores.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Collet, T., Ferreira, K.M., Arias, M.C., Soares, A.E.E. e Del Lama, M.A. (2006): "Genetic structure of African honeybee populations (Apis mellifera L.) from Brazil and Uruguay viewed through mitochondrial DNA COI–COII patterns". Heredity 97, 329–335. doi:10.1038/sj.hdy.6800875
  • Smith, D.R., Taylor, O.R., Brown, W.M. (1989): "Neotropical African honey bees have African mitochondrial DNA". Nature 339: 213–215.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar