Abel Molinero

futbolista español

Abel Molinero Pons, nado o 28 de abril de 1989 en Madrid, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como extremo esquerdo no Fuenlabrada da Segunda División B.

Abel Molinero
Información persoal
Nome Abel Molinero Pons
Nacemento 28 de abril de 1989 (35 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,79 m
Posición Extremo esquerdo
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Carreira xuvenil
Atlético Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2010 Atlético C 71 (14)
2010–2011 Atlético B 15 (2)
2011–2012 Almería B 31 (5)
2011–2013 Almería 12 (0)
2013–2014 Jaén 8 (0)
2014 San Fernando 14 (2)
2014–2015 Guadalajara 44 (13)
2015–2016 Lugo 7 (1)
2016– Fuenlabrada
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 21 de xullo de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Madrid, Abel Molinero formouse na canteira nun dos principais equipos da súa cidade natal, o Club Atlético de Madrid. Con 18 anos debuta no fútbol sénior co terceiro filial do equipo, o Atlético de Madrid C, equipo no que permanece até 2010 xogando 71 partidos de liga. Posteriormente comeza a participar co segundo equipo, o cal participaba na Segunda División B. No ano 2011 asino coa Unión Deportiva Almería, equipo no que se reparte entre o filial de Segunda B e o equipo principal que participaba na Segunda División. Na seguinte temporada, xa como membro permanente do primeiro equipo consegue o ascenso á Primeira División, aínda que no verán asina polo Real Jaén,[1] equipo co que non chega a xogar a debutar. Finalmente sería transferido ao San Fernando Club Deportivo da Segunda B, equipo no que realiza un bo ano. Isto chama a atención do Guadalajara, que tenta formar un proxecto para retornar á categoría de prata. No equipo castelán convértese nun dos principais xogadores, conseguindo anotar 12 goles na competición. O 13 de xullo de 2015, o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia a contratación do xogador castelán para a tempada 2015-16 por unha temporada con opción a dúas.

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Atlético C Terceira 2007-2008 10 3
Atlético C Terceira 2008-2009 28 4
Atlético C Terceira 2009-2010 17 3
Atlético B Segunda B 2009-2010 6 1
Atlético B Segunda B 2010-2011 9 1
Almería B Segunda B 2011-2012 31 5
Almería Segunda 2011-2012 4 0
Almería Segunda 2012-2013 8 0
Real Jaén Segunda 2013-2014 0 0
San Fernando Segunda B 2014 14 2
Guadalajara Segunda B 2014-2015 44 13
Lugo Segunda 2015-2016 7 1

Títulos editar

Notas editar

  1. Marca, ed. (3 de novembro de 2013). "El Jaén refuerza su medular con Abel Molinero" (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar