Aaj Tak é unha canle de noticias da India en lingua hindi propiedade da cadea TV Today Network, lanzada o 31 de decembro de 1999 é a canle de noticias máis vista na India.[1] A súa orixe está nun programa informativo homónimo que principiou a emitir en 1995 o grupo India Today na canle Doordarshan Metro[2] que se conformou como todo un éxito, con tres millóns de espectadores, ao que animou ao grupo a lanzar a súa propia canle de noticias. O éxito da canle baséase no uso dun hindi coloquial, a profesionalidade dos seus xornalistas e nunha ampla rede de correspondentes no norte do país.[3]

Logotipo da canle

Notas editar

  1. Indianetzone
  2. Indiantelevision.com
  3. Jean Chalaby "Transnational television worldwide: towards a new media order", 2005, páxina 136

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar