A montaña de Sainte-Victoire, vista dende Bibémus

pintura de Paul Cézanne

A montaña de Sainte-Victoire, vista dende Bibémus é un cadro do pintor francés Paul Cézanne. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 65 cm de alto e 81 cm de largo. Foi pintado entre 1898 e 1900. Actualmente, atópase no Museo de Arte de Baltimore, Estados Unidos.

A montaña de Sainte-Victoire, vista dende Bibémus
(Le Mont Sainte-Victoire vu de la carrière Bibémus)
ArtistaPaul Cézanne
DataCara a 1898-1900
TécnicaÓleo sobre lienzo
Dimensións65 cm cm × 81 cm cm
LocalizaciónMuseo de Arte de Baltimore

Esta obra pertence ao xénero paisaxístico, un dos favoritos de Cézanne, xunto ao bodegón e mailo retrato. É, ademais, un dos seus temas predilectos: a montaña de Sainte-Victoire, macizo calcáreo do sur de Francia, entre os departamentos de Bocas do Ródano e Var. Cézanne, cos seus cadros, fíxoa famosa.

Adicoulle numerosos cadros en dúas épocas distintas: de 1882 a 1890 e de 1901 ata a súa morte. Esta visión dende Bibémus enmárcase na súa segunda época.[1]

Cézanne non pretendía unha representación estática da paisaxe. Quería lograr a unidade entre a cor, a composición, a superficie e a tectónica. Ademais, buscaba dar unha base teórica ás súas experiencias e experimentos.[2]

Notas editar

  1. P. F. R. Carrassat, Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7 , pp.230-235
  2. Christa von Lengerke, «Del Impresionismo al Art Nouveau» en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, páx. 512, ISBN 3-8228-4744-5