A Short History of Nearly Everything

A Short History of Nearly Everything é un libro de divulgación científica do autor Bill Bryson escrito en 2003, no que explica algunhas áreas da ciencia, utilizando un estilo de linguaxe máis accesíbel para o público en xeral que moitos outros libros dedicados ao tema.

A Short History of Nearly Everything
Título orixinalA Short History of Nearly Everything
Autor/aBill Bryson
OrixeInglaterra
Linguainglés
Xénero(s)Divulgación científica
EditorialInglaterra Black Swan
Data de pub.Inglaterra 2003
ISBN0-7679-0817-1
editar datos en Wikidata ]

Argumento e características editar

Foi o libro de divulgación científica máis vendido de 2005 no Reino Unido, cunhas vendas de máis de 300 000 exemplares.[1]

A obra desvíase do xénero popular de libros de viaxes de Bryson, e no canto disto describe as ciencias xerais, como a química, a paleontoloxía, a astronomía e a física de partículas. Nel explora o tempo dende o Big Bang até o achado da mecánica cuántica, pasando pola evolución e a xeoloxía. Bryson narra a historia da ciencia a través das historias da xente que fixo os descubrimentos, como Edwin Hubble, Isaac Newton e Albert Einstein.

Debido ao éxito deste libro, en 2005 fíxose unha versión ilustrada, e en 2008, Bryson escribiu unha versión adaptada para o público infantil: A Really Short History of Nearly Everything.

Notas editar

  1. How to... Make a Mint From Science, xullo de 2006. BBC Focus (páx. 54)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar