A Revolución das Rosas

A Revolución das Rosas (castelán: La Revolución de las rosas; inglés: Roses Revolution) foi un movemento internacional creado en España en setembro de 2011, que consitiu en levar rosas a hospitais e outros edificios institucionais para denunciar as súas prácticas de violencia obstétrica.[1] - principalmente o 25 de novembro, el Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Unha rosa fronte ao Hospital Xeral de Viena o 25 de novembro de 2023, Día da Revolución das Rosas, un movemento global contra a violencia obstétrica.

Historia editar

O movemento xurdiu tras publicar a Sociedade Española de Xinecología e Obstetricia (SEGO) na súa gaceta unhas viñetas, ao parecer humorísticas, baseadas no menosprezo ás usuarias destes servizos médicos e aos protocolos e recomendacións para o nacemento da OMS.[2] A asociación El parto es nuestro reaccionou iniciando unha denuncia á que se foron sumando medios especializados, o Defensor do Paciente, profesionais do sector, mesmo membros da propia asociación, como a Doutora Miriam Al Adib Mendiri.[3][4][5][6][7]

A activista Jesusa Ricoy propuxo desde o grupo de Facebook "Señores de la SEGO, no somos un chiste" e desde un blog propio a primeira acción do movemento, "Ponle nombre" (tamén chamada, sobre todo a nivel internacional, "El miércoles de las rosas"). Consistía en depositar unha rosa ás portas da SEGO en representación das vítimas de violencia obstétrica.[8][9] A partir desa idea, os deseñadores Belén Gaudes Teira e Pablo Macías Alba crearon o logotipo baixo o que se foron unindo novos núcleos noutras cidades europeas e latinoamericanas en 31 países diferentes.[10]

Amais de repetir esta acción en distintas ocasións, o movemento tamén denunciou as fotografías subidas a Instagram por un estudante de medicina venezolano durante a asistencia a un parto e liderou unha marcha multitudinaria en Hungría o 20 de marzo de 2016.[11][12][13][14][15]

En 2016, Ricoy asistiu a unha conferencia en Berlín da ENCA (a Rede Europea de Asociacións de parto). Alí unha comadroa alemá explicoulle o impacto que a Revolución das Rosas estaba a ter no seu traballo, sen saber que se trataba da fundadora. Tras ese momento, Ricoy e Susana Ferreiro, quen se ocupara de gran parte da organización administrativa do movemento, deron un paso atrás no liderado do mesmo. A intención do seu xesto era que o movemento o xestionasen directamente as mulleres que se foran unindo, en coherencia co obxectivo de contribuír a que as vítimas de violencia obstétrica "puidesen recuperar a súa dignidade e poder tras sentírense humilladas, insultadas e feridas nos seus partos".[16]

A Revolución Rosa está apoiada polo Comité Nacional Alemán de ONU Mulleres.[17]

Notas editar

  1. "Sobre las viñetas de la SEGO: "La cuestión no es el chiste, sino dónde se publica"". 28 de setembro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  2. "Ginecología machista y misógina". 21 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  3. "El Parto es Nuestro denuncia: Las viñetas de la gaceta electrónica de la SEGO ofrecen una imagen degradante de las mujeres españolas". 19 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  4. Long, Mireia (21 de setembro de 2011). "El humor de la SEGO a debate". Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  5. "Denuncian unas viñetas de la Sociedad Española de Ginecología que «ridiculizan y ofenden a la mujer»". 21 de setembro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  6. "El doctor Sánchez Martos comenta las viñetas que ha publicado la SEGO.". Buenos días, Madrid (Telemadrid). 26 de setembro de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  7. Al Adib Mendiri, Miriam. "La importancia del respeto. Una opinión sobre las viñetas publicadas por la S.E.G.O.". Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  8. ""Ponle nombre" - una acción independiente contra la violencia obstétrica.". Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  9. "Rosas para la S.E.G.O.". Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  10. "Join the Revolution of Roses". Mothers of Change (en inglés). 29 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  11. "Roses Revolution - Eine Aktion Gegen Gewalt in der Geburtshilfe". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  12. "The Scandal of the Doctors Who Upload Selfies Taken Next to Women's Vaginas During Childbirth". 13 de xullo de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  13. "Petitioners rally after med student posts delivery room selfie next to woman’s vagina". 23 de xullo de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  14. "Selfies Take Grotesque Twist World Over". 28 de xullo de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  15. "“Stop bawling” – Obstetric violence in Hungary". 22 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  16. Ricoy, Jesusa. "Anuncio de la fundadora de la Revolución de las rosas". Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  17. UN Women Deutschland: Roses Revolution

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar