A Moreira, Mañufe, Gondomar

lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar


A Moreira é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 70 habitantes (31 homes e 39 mulleres).

A Moreira
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′28″N 8°46′23″O / 42.107888888889, -8.7730833333333Coordenadas: 42°06′28″N 8°46′23″O / 42.107888888889, -8.7730833333333
Poboación70 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Atópase a 1,2 km do centro da vila de Gondomar e a 17 metros sobre o nivel do mar[1].

Descrición editar

O barrio da Moreira posúe un conxunto de edificacións de valor etnográfico. Situada no corazón da parroquia, fai estrema ao norte co barrio da Ponte, ao leste e noroeste con Verdeal, ao nordés e oeste co Campo das Bestas e ao sur e sueste co lugar de Cristillón. Ten un total de 46 vivendas construídas[2].

Patrimonio editar

Igrexario de San Vicente de Mañufe

A igrexa de San Vicente de Mañufe é un templo cristián situado no lugar da Moreira. Data do século XII, pero a maior parte da obra actual é barroca, consecuencia dunha gran reforma no século XVIII. Ten como celebración principal a do santo patrón da parroquia, san Vicente, o día 22 de xaneiro. Forma parte da diocese católica latina de Tui-Vigo.

Pazo de Mendoza ou Pazo da Escola
Artigo principal: Pazo da Escola.

O Pazo da Escola (orixinariamente Pazo de Mendoza) é unha casa grande galega da segunda metade do século XVIII fundada polo Pilcarpo de Mendoza. Existe outro pazo de Mendoza tamén fundado por Policarpo de Mendoza en Baiona

Notas editar

  1. "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 14/05/2020. 
  2. "Lugar Moreira, Mañufe, Gondomar". Idealista.com. Consultado o 17/06/2020. 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Mañufe editar

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)