A Galiza feminista. Tebras e alboradas

A Galiza feminista. Tebras e alboradas é un ensaio da escritora, socióloga e doutora en Equidade e Innovación Educativa Miriam Couceiro Castro, publicado en 2021 no marco da colección Feminismos, editado pola Editorial Galaxia.

A Galiza feminista. Tebras e alboradas
Autor/aMiriam Couceiro Castro
OrixeGalicia
Linguagalego
ColecciónFeminismos
Tema(s)feminismo
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.30 de maio de 2021
Formato135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto)
Páxinas116
ISBN978-84-9151-625-5
editar datos en Wikidata ]

A autora é unha experta neste tema, xa que gañou no 2013 o Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero “Ángeles Alvariño”, co seu traballo O feminismo en Galiza: Rural e Urbano. Posteriormente realizou unha tese de doutoramento co título La representación del Feminismo en el pensamiento y práctica de la acción docente de las Profesoras de Secundaria en Galicia,[1] que é o xermolo deste libro.[2] Un libro no que reivindica o legado de Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Mónica Bar Cendón, María Barbeito, Antonia de la Torre ou Pilar García Negro.[3]

Notas editar