A Canda, Piñor

parroquia civil do concello de Piñor

San Mamede da Canda é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 327 habitantes (170 homes e 157 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.

A Canda
Igrexa de San Mamede da Canda.
ConcelloPiñor[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°29′36″N 8°00′54″O / 42.493202777778, -8.0148777777778Coordenadas: 42°29′36″N 8°00′54″O / 42.493202777778, -8.0148777777778
Poboación327 hab. (2014)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O fitónimo galego A Canda refírese a unha póla de árbore usada para alumear, a partir do latín candănu.[2]

Patrimonio editar

Pazo de Vilariño, do século XVI. De planta rectangular con dous pisos e cunha torre almeada. A fachada ten un muro almeado con porta de arco de medio punto con dous escudos das armas dos Mosquera, Sotomaior, Andrade e López. Ten unha capela, pombal e unha fonte de 1680.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares da Canda editar

Lugares da parroquia da Canda no concello de Piñor na Provincia de Ourense

Casfigueiro | Cotelas | A Folgosa | Freás da Canda | Guimarás | As Lagoas | Mirela | Porto do Souto | Reda | San Mamede da Canda | Vilariño

Parroquias de Piñor editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Piñor

Barrán (San Xoán) | A Canda (San Mamede) | Carballeda (Santa María) | Coiras (San Xoán) | A Corna (Santa María do Desterro) | Loeda (San Paio) | Torcela (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar