Unha breve historia do tempo

libro de Stephen Hawking
(Redirección desde «A Brief History of Time»)

Unha breve historia do tempo[1] é un libro de divulgación científica escrito por Stephen Hawking en Lingua inglesa co título orixinal de A Brief History of Time: From the Big Bang to Black Holes, e publicado en 1988.

Unha breve historia do tempo
Título orixinalA Brief History of Time
Autor/aStephen Hawking
OrixeReino Unido Reino Unido
Lingua(en inglés)
Tema(s)Cosmoloxía
Xénero(s)divulgación científica e ensaio
Editorial Bantam Books
GaliciaUniversidade de Santiago de Compostela
Data de pub. 1988
Galicia 2018
ISBNGalicia ISBN 978-84-16954-92-6
TraduciónJorge Mira
editar datos en Wikidata ]

Stephen Hawking, autor de A Brief History of Time, experimentando a ausencia de gravidade nun módulo da NASA.

Sinopse editar

O tema principal do que fala este libro é a natureza do Universo e a importancia do tempo. Fala sobre o tempo, onde se encontran os buratos negros, o principio de incerteza, o espazo e o tempo (Teoría da relatividade) e a unificación da física. Trata sobre a evolución que sufriu o noso Universo; o seu pasado, presente e futuro.

Resumo por capítulos editar

Capítulo 1 editar

Fai un resumo dos diferentes modelos do universo a través do tempo pasando pola imaxe antiga de que a Terra era plana ata a descrición que fan os científicos actuais do universo mediante dúas teorías fundamentais: a teoría da relatividade xeral e a mecánica cuántica, e os esforzos da física actual pola busca dunha teoría que incorpore as dúas anteriores: unha teoría cuántica da gravidade.

Capítulo 2 editar

Trata das teorías do movemento de Newton, do espazo absoluto, do tempo absoluto, de como a teoría da relatividade rematou co concepto do tempo absoluto, da teoría da relatividade especial e como resulta inconsistente coa teoría da gravitación de Newton e da teoría da relatividade xeral de Einstein.

Capítulo 3 editar

Describe a evolución das teorías da expansión constante do universo.

Capítulo 4 editar

Presenta a doutrina do determinismo en contraposición co principio de incerteza, de onde xorde a mecánica cuántica, que, de acordo a Hawking, podería unificarse coa relatividade xeral por medio dunha teoría completa. Aínda cando a dita teoría aínda non existe, si se coñecen algunhas das características que debe posuír.

Capítulo 5 editar

Explica dende a crenza de Aristóteles de que a materia era infinitamente divisible, pasando polo átomo e máis recentemente o descubrimento de partículas cada vez máis pequenas chegando ao quark e explica as teorías das partículas portadoras de forza, nas súas catro categorías e o que estas implican na comprensión do universo.

Capítulo 6 editar

Detalla o xeito de como se forman os buratos negros e como se podería pensar en que estes poderían considerarse o fin do tempo.

Capítulo 7 editar

Formula o comportamento da luz con respecto á fronteira do burato negro. Menciona a segunda lei da termodinámica, e relata como paulatinamente foi chegando a cálculos matemáticos para explicar que os buratos negros emiten partículas e radiacións coma se fosen un corpo quente e polo tanto emiten algo de luz.

Capítulo 8 editar

Cuestiónase acerca da orixe e o destino do universo, facendo alusión a crenzas teolóxicas e a dificultade de conciliar estas cos descubrimentos e teorías científicas máis recentes.

Capítulo 9 editar

Analiza a evolución do concepto de "tempo", dende o tradicional pasando polo tempo "imaxinario" e as chamadas frechas do tempo que distinguen entre o pasado e o futuro.

Capítulo 10 editar

Formúlase a conveniencia de integrar a unificación da física, mediante unha teoría consistente e completa que integre as diferentes ramas do coñecemento humano.

Capítulo 11 editar

Presenta as conclusións do autor e a súa inquietude de integrar o pensamento filosófico co científico ata chegar a unha teoría completa comprensible para calquera ser humano.

Edicións editar

O libro foi traducido ao galego polo físico Jorge Mira, e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 2018.

Notas editar

  1. "Unha breve historia do tempo". 17-9 2018. Consultado o 17 Setembro 2018.