O AZ Alkmaar, que ten por nome oficial Alkmaar Zaanstreek, é un club de fútbol da cidade de Alkmaar, en Holanda Setentrional, nos Países Baixos. Foi fundado o 10 de maio de 1967 logo da fusión dos clubs Alkmaar '54 e FC Zaanstreek.

AZ
NomeAlkmaar Zaanstreek
Fundación10 de maio de 1967
EstadioAFAS Stadion,
Alkmaar, Países Baixos
Inauguración4 de agosto de 2006
Capacidade17 023
PresidentePaíses Baixos René Neelissen
AdestradorPaíses Baixos Dick Advocaat
LigaEredivisie
2021-22
VestimentaMacron
Na rede
http://www.az.nl/
Facebook: AZAlkmaar Twitter: AZAlkmaar Instagram: azalkmaar Youtube: UCXuBAfEJGzrDI962POtwOdA TikTok: azalkmaar Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O club participa na Eredivisie, torneo do que foi campión nas tempadas 1980-81 e 2008-09. Ademais, gañou a Copa dos Países Baixos en tres ocasións e foi finalista da Copa da UEFA na tempada 1980-81.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella con mangas brancas, pantalón branco e medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio editar

Artigo principal: AFAS Stadion.
 
Vista interior do AFAS Stadion.

O AZ Alkmaar xoga os seus partidos como local no AFAS Stadion, propiedade do club, situado na parte sur da cidade de Alkmaar e que conta cunha capacidade para 17 000 espectadores. Foi inaugurado o 4 de agosto do 2006 como DSB Stadion, levando o nome do banco fundado por Dirk Scheringa, o DSB Bank, que era ademais o auspiciador do club. Tras a quebra do banco no 2009 o club foi obrigado a cambiar o nome do estadio.

Antes do 2006 o club utilizaba o Alkmaarderhout, estadio con capacidade para 8 400 asistentes e que foi construído en 1948.

Datos do club editar

 
Posto ao final de tempada do club entre 1976 e 2009.

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Torneos amigables editar

Notas editar

  1. worldfootball.net. "AZ Alkmaar .:. Profile" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar