ANO ("si" en lingua checa) ou ANO 2011 é un partido político checo de centro dereita, de ideoloxía liberal-conservadora. O partido é o herdeiro do antigo Movemento de Cidadáns Descontentos (en checo: Akce nespokojených občanů).

ANO 2011
Logo
AcrónimoANO
Tipopartido político
IdeoloxíaPopulismo e liberalismo conservador
Data de fundación11 de maio de 2012
Presidente/aAndrej Babiš (2012-) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros2.712 (2015) Editar o valor em Wikidata
SedePraga
PaísRepública Checa
Na rede
https://www.anobudelip.cz/
Facebook: anobudelip Youtube: UCRY08efUE2gOJukt7XboXOg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fundado en 2012 e está dirixido polo multimillonario empresario Andrej Babiš. Ten como obxectivo erradicar a corrupción do país, abolir a inmunidade e os retornos de capital do persoal político, loitar contra o desemprego e mellorar as infraestruturas de transporte. Ideoloxicamente, o partido sitúase no centro-dereita do espectro político checo, e ten moitos puntos en común coa Unión Democrática Cristiá - Partido Popular Checoslovaco, sen descartar colaborar con outros partidos.[1]

Andrej Babiš dixo nunha entrevista postelectoral que estaba en contra da entrada da República Checa na zona do euro e que ANO 2011 non estaba a favor de profundar na integración europea e aumentar máis a burocracia de Bruxelas.[2]

Nas eleccións parlamentarias de 2013, ANO 2011, deu a sorpresa ao consegui-lo 18,7% dos votos emitidos, quedando segundo por detrás do Partido Socialdemócrata Checo (ČSSD). Pouco despois, decidiu unirse a este último e á Unión Democrática Cristiá - Partido Popular Checoslovaco para formar o novo goberno, dirixido polo socialdemócrata Bohuslav Sobotka.

O 21 de novembro de 2014, o Congreso do Partido da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa aceptou a ANO 2011 como membro.[3] Pavel Telička, cabeza de lista nas eleccións europeas de 2014 na República Checa, anunciou a súa saída da delegación da ANO 2011 en outubro de 2017.[4]

Segundo Jakub Patock, xornalista e biógrafo de Andrej Babiš, o partido está organizado como se fose da súa propiedade.[5]

Resultados electorais editar

Eleccións parlamentarias editar

Ano Votos % Posto Goberno
2013 927 240 18,65 47  /  200 Bohuslav Sobotka
2017 1 500 113 29,64 78  /  200 Andrej Babiš, I (2017-18) e II (dende 2018)
2021 1 458 140 27,13 72  /  200

Eleccións presidenciais editar

Ano Candidato 1ª volta 2ª volta
% Posto % Posto
2013 Jiří Dienstbier 16,1
2018 Non presentado

Eleccións europeas editar

Ano Votos % Escanos Cabeza de Lista Posto
2014 244.501 16,1 4 / 21 Pavel Telička
2019 502.343 21,2 6 / 21 Dita Charanzová

Eleccións rexionais de 2020 editar

Ano 2020
Rexión % Escanos
Bohemia central 18,54 15 / 65
Bohemia do Sur 18,12 12 / 55
Plzeň 22,50 12 / 45
Karlovy Vary 24,79 13 / 45
Ústí nad Labem 25,88 7 / 55
Liberec 17,85 10 / 45
Hradec Králové 22,04 12 / 45
Pardubice 19,61 11 / 45
Vysočina 18,48 10 / 45
Moravia do Sur 19,76 15/ 65
Olomouc 27,01 8 / 55
Zlín 19,08 9 / 45
Moravia-Silesia 30,24 14 / 65

Notas editar

  1. Redacción (23 de agosto de 2013). "Babišovu hnutí se denně hlásí 200 zájemců o členství". novinky.cz (en cz). Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  2. Van de Rakt, Eva (28 de outubro de 2013). "Political earthquake in the Czech Republic: Rejection of established parties". boell.de (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  3. "ALDE Party welcomes new member parties". aldeparty.eu (en inglés). 21 de novembro de 2014. Consultado o 19 de decembro de 2021. 
  4. Redacción (11 de outubro de 2017). "Telička se rozešel s ANO". novinky.cz (en cz). Consultado o 19 de decembro de2021. 
  5. Knaebel, Rachel (20 de marzo de 2018). "Pourquoi oligarques et droites extrêmes prennent progressivement le pouvoir en Europe de l’Est". basta.media (en francés). Consultado o 19 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar