AERCam Sprint (acrónimo de Autonomous Extravehicular Activity Robotic Camera Sprint) foi un experimento da NASA para demostra-lo uso dun prototipo de cámara de televisión de voo libre que podería usarse para inspeccións do exterior da Estación Espacial Internacional.

AERCam voando sobre a baía de carga do transbordador Columbia.

AERCam ten forma de esfera de 360 mm de diámetro e uns 16 kg de peso, albergando un par de cámaras de televisión, un sistema de aviónica e doce pequenos propulsores alimentados por nitróxeno. A esfera foi soltada polo especialista de misión Winston E. Scott durante un paseo espacial na misión STS-87 e voou libremente na parte frontal da bodega de carga durante uns 30 minutos. A esfera estaba controlada de forma remota polo piloto Steven Lindsey desde a ponte do transbordador usando un control manual, dous ordenadores portátiles e unha antena montada na ventá. AERCam deseñouse para voar moi lentamente, a uns 7 cm/s. O control remoto de AERCam levouse a cabo mediante comunicación por radio de dous sentidos en UHF, transmitindo datos ó operador relativos ó estado dos sistemas da esfera. As imaxes de televisión eran transmitidas por un enlace en banda S. Durante o experimento retransmitíronse imaxes en directo mediante o Control de Misión. AERCam monta dúas cámaras en miniatura, unha cunha lente de 6 milímetros e a outra de 12 milímetros. O exterior da esfera está recuberto por unha capa de Nomex de 1,5 cm de espesor para amortecer calquera contacto accidental coa superficie dunha nave e previr danos.

Deseño editar

 
AERCam Sprint

A maior parte dos sistemas da esfera derívanse do desenvolvemento da mochila espacial SAFER (Simplified Aid for EVA Rescue). Os propulsores, a aviónica básica, os sensores de estado sólido, a electrónica de mantemento de actitude, o tanque de nitróxeno e o controlador manual son idénticos ós usados en SAFER. Os propulsores teñen un pulo dun décimo do pulo dos de SAFER.

AERCam está alimentado por baterías de litio. A alimentación eléctrica e a subministración de nitróxeno lle proporcionan unha autonomía de a lo menos sete horas, que é a duración máxima dunha caminata espacial normal. A esfera leva unha pequena lanterna idéntica á que levan os astronautas no casco. Arredor da superficie e equidistantes, a esfera leva seis pequenas luces amarelas parpadeantes para facela visible na escuridade.

A fronte da esfera está marcada con bandas e frechas, mentres que a parte posterior ten marcas de puntos. Estas marcas axudan ó operador para determinar a orientación de AERCam. Na esfera hai unha pequena tira de tecido para facilitar a solta e recollida por parte dos astronautas.

Notas editar