AC-549

estrada autonómica galega de Orro a Taramancos (A Coruña)

A AC-549[1][2] (na provincia da Coruña), coñecida como a Variante de Noia coa Ponte sobre a ría de Noia, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Orro e Taramancos; ambas no concello de Noia. Ten unha lonxitude de 5,52 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-1.5 en Orro (Noia) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Taramancos (Noia), cruzado a través da ponte sobre a ría de Noia.

AC-549
Variante de Noia
(Ponte sobre a ría de Noia)
Mapa
Estrada AC-549
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude5,52 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio CG-1.5  Orro
Fin AC-550  Taramancos

Historia editar

As primeiras obras iniciaron o 15 de xuño de 2011[3] coa construción da ponte sobre a ría de Noia e o 4 de xullo de 2014[4][5] foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e varios alcaldes da zona. O investimento final foi de 50 millóns de euros.

Notas editar

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "El puente sobre la ría de Noia ya empieza a hacerse realidad". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2011. 
  4. "Noia presume de su nuevo símbolo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2014. 
  5. "Noia y Santiago, mucho más cerca desde ayer". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2014.