AC-440

estrada autonómica galega de Berdoias a Muxía (A Coruña)

A AC-440[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Berdoias (Vimianzo) e Muxía; atravesa os concellos de Vimianzo e Muxía. Ten unha lonxitude de 14,31 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Berdoias (Vimianzo) e finaliza en Muxía.

AC-440
Mapa
Estrada AC-440
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude14,31 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AC-552  Berdoias
FinMuxía

Percorrido editar

A estrada comeza o seu percorrido no cruzamento da AC-552 coa AC-441, na aldea de Berdoias. De aí parte cara a Boallo para se internar xa no concello de Muxía a través dos lugares de Suxo, Ozón, Muíños, Moraime, Figueiras de Arriba e, finalmente rematar na vila de Muxía.

Notas editar

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.