Seven Up ou 7 Up é unha marca de bebida gasosa de lima-limón vendida en tendas, restaurantes e máquinas expendedoras en moitos países do mundo. Nos Estados Unidos é fabricada por Dr Pepper Snapple Group e no resto do mundo por PepsiCo. É mencionado polo cantautor italiano Francesco Guccini ao comezo da canción Autogrill en 1983.

pH editar

Moitas persoas cren equivocamente que o nome é por mor de que ten un pH maior a 7.0 (neutro); e que por iso non ten os efectos perigosos doutras gasosas de natureza aceda.

Un simple pHmetro demostra que o pH é comparable á maioría das bebidas, xeralmente 2.5, levemente menor á acidez do mollo de limón.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazónss externas editar