704 Interamnia

asteroide

704 Interamnia, coñecido tamén como 910 KU ou 1952 MW, é un xigantesco asteroide cun diámetro estimado de 350 quilómetros. A súa distancia media ao Sol é 3.067 (UA). Foi descuberto o 2 de outubro de 1910 polo astrónomo e matemático italiano Vincenzo Cerulli, que decidiu poñer ese nome pola derivación do nome en latín da súa cidade natal, Téramo.

Descrición editar

Interamnia é o quinto asteroide máis grande do Sistema Solar, detrás de Ceres, Palas, Vesta e Hygiea. Malia ser un dos asteroides máis grandes, púidose estudar moi pouco, existindo moi poucos detalles sobre a súa composición interna ou forma e non hai análise sobre curvas de luz que poidan determinar a súa inclinación axial. A súa aparente alta densidade suxire un corpo sólido sen porosidade interna ou rastros de auga. Isto tamén suxire que Interamnia é o suficientemente grande como para ter poder resistir todas as colisións que se produciron dentro do cinto de asteroides desde que se formou o Sistema Solar.

A súa superficie escura e a relativa grande distancia que mantén co Sol, evita que poida ser divisado con prismáticos 10x50. Na maior parte das oposicións a súa magnitude aparente é de arredor a +11,0, inferior ao brillo de Ceres, Palas e Vesta.[1]

Notas editar