O método das 5 « S », así denominado pola primeira letra (en xaponés) de cada unha das súas cinco etapas, é unha técnica de xestión xaponesa baseada en cinco principios simples:

  • Seiri 整理 (Organización)
  • Seiton 整頓 (Orde)
  • Seiso 清掃 (Limpeza)
  • Seiketsu 清潔 (Limpeza estandarizada)
  • Shitsuke 躾 (Disciplina)

Obxectivos editar

A aplicación das 5S satisfai múltiples obxectivos. Cada 'S' ten un obxectivo particular:

  • Eliminar do espazo de traballo o que sexa inútil.
  • Organizar o espazo de traballo de xeito eficaz.
  • Mellorar o nivel de limpeza do espazo de traballo.
  • Previr a aparición de sucidade e desorde.
  • Fomentar os esforzos no mantemento da orde e limpeza.

Por outra parte, o total do sistema permite:

  • Mellorar as condicións de traballo e a moral do persoal (é máis agradable traballar nun lugar limpo e ordenado).
  • Reducir os gastos de tempo i enerxía.
  • Reducir os riscos de accidentes ou enfermidades laborais.
  • Mellorar a calidade do produto.
  • Aumentar a produtividade.

Desenvolvemento editar

Seiri (Organizar) editar

 
Caixón de ferramentas nun postro de traballo dunha fábrica organizada con 5S.

Nesta etapa, trátase de eliminar do lugar de traballo todo aquilo que non teña o seu sitio ou non sexa necesario. Algunhas normas axudan a tomar boas decisións:

  • Tírase todo o que se usa menos dunha vez ó ano.
  • Do que queda, todo o que se usa menos dunha vez por mes apártase (por exemplo, na sección de arquivo, ou no almacén da fábrica).
  • Do que queda, todo aquilo que se usa menos dunha vez á semana apártase non moi lonxe (tipicamente nun armario da oficina, ou nunha zona de almacenamento na fábrica).
  • Do que queda, todo o que se usa menos dunha vez por día deixase no posto de traballo.
  • Do que queda, todo o que se usa menos dunha vez por hora está no posto de traballo, ó alcance da man.
  • E o que se usa menos dunha vez por hora colócase directamente sobre o operario.

Esta xerarquización do material de traballo conduce loxicamente a Seiton.

Seiton (Ordenar) editar

Esta etapa consiste en ordenar as diferentes ferramentas e materiais para o traballo. Pódense empregar métodos de xestión visual para facilitar a orde, pero a miúdo, a regra máis sinxela para implantar Seiton é: Un lugar para cada cousa, e cada cousa no seu lugar.

Nesta etapa preténdese organizar o espazo de traballo co obxecto de evitar tanto as perdas de tempo como de enerxía.

As normas de Seiton:

  • Organizar racionalmente o posto de traballo (proximidade, obxectos pesados fáciles de coller ou sobre un soporte, ...).
  • Definir as regras de ordenamento.
  • Facer obvia a colocación dos obxectos.
  • Os obxectos de uso frecuente deben estar cerca do operario.
  • Clasificar os obxectos por orde de utilización.
  • Estandarizar os postos de traballo.
  • Favorecer o FIFO.

Seiso (Limpar) editar

 
Punto de limpeza nunha fábrica organizada con 5S.

Unha vez o espazo de traballo está despexado (Seiri) e ordenador (Seiton), é moito máis doado limpalo. O incumprimento da limpeza pode ter moitas consecuencias, provocando incluso anomalías ou o mal funcionamento da maquinaria.

A limpeza é unha actividade diaria nas compañías xaponesas. Ao final de cada quenda, límpase o espazo de traballo, e cada cousa é colocada no seu lugar.

Normas para Seiso:

  • Limpar, inspeccionar, detectar as anomalías
  • Volver deixar sistematicamente en condicións
  • Facilitar a limpeza e a inspección
  • Eliminar a anomalía na orixe

Seiketsu (Manter a limpeza) editar

A miúdo o sistema das 5S aplícase soamente puntualmente. Seiketsu lembra que a orde e a limpeza deben manterse cada día.

Para conseguilo, as seguintes normas serven de axuda:

  • Facer evidentes as consignas: cantidades mínimas, identificación das zonas.
  • Favorecer o control visual.
  • Estandarizar os métodos operatorios.
  • Formar ao persoal nos estándares.

Shitsuke (Disciplina) editar

Esta etapa contén a calidade na aplicación do sistema 5S. Se se aplica sen o rigor necesario, este perde toda a súa eficacia.

É tamén unha etapa de control rigoroso da aplicación do sistema: os motores desta etapa son unha comprobación continua e fiable da aplicación do sistema 5S (as 4 primeiras 'S' neste caso) e o apoio do persoal implicado.

Consecuencias editar

O resultado mídese tanto en produtividade como en satisfacción do persoal respecto aos esforzos que se realizaron para mellorar as condicións de traballo.

Véxase tamén editar