35007 foi unha banda procedente dos Países Baixos. O seu son ten elementos do stoner rock, rock psicodélico, space rock e rock progresivo.

35007
OrixePaíses Baixos, Países Baixos
Período1980 - 2005
Xénero(s)stoner rock, rock psicodélico, space rock, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)Stickman Records
MembrosMark Sponselee
Bertus Fridael
Sander Evers
Michel Boekhoudt
Luk Sponselee
Pidah Kloos
Antigos membrosJacco van Rooy
Eeuwout Baart
Artistas relacionadosBeaver
Na rede
http://www.dse.nl/~drie5007/
MySpace: 35007loose Bandcamp: 35007 Spotify: 09kNJ3LqHcfQZO5qixfmft Musicbrainz: 8a5bd5f1-5440-4c0f-b7f3-d85fdd7067f3 Songkick: 271939 Discogs: 720355 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

35007 formouse en Eindhoven a finais dos anos 80 e tivo a súa orixe na banda The Alabama Kids. A primeira formación do grupo estivo composta por Eeuwout Baart (voces), Mark Sponselee (sons, sintetizadores), Bertus Fridael (guitarra), Jacco Van Rooy (batería), Michel Boekhoudt (baixo), Luk Sponselee (video jockey) e Pidah Kloos (sons, enxeñeiro).

Publicaron o seu álbum de estrea, Especially For You, en 1994, e tras o seu traballo 35007 (1997) Jacco van Rooy deixou a banda sendo substituído por Sander Evers na batería. No ano 2001 Eeuwout Baart tamén deixou o grupo, e 35007 continuou como un conxunto instrumental. O EP Sea of Tranquillity (2001) foi a primeira das súas edicións instrumentais. A este seguiulle Liquid, lanzado en 2002. No ano 2005 a banda, agora con Tos Nieuwenhuizen de Beaver á guitarra, publicaría Phase V.

Nos anos seguintes á aparición de Phase V Bertus Fridael iniciou a súa propia banda, Mother-Unit. Sander Evers tocou en Gomer Pyle entre o 2006 e o 2010, e na actualidade actúa con Monomyth. Jacco van Rooy uniuse a Motorpsycho durante un breve período de tempo a agora está en Neon Twin. Tos Nieuwenhuizen toca ao vivo con Sunn O))).

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
Especially For You 1994 Lazy Eye/Semaphore
35007 1997 Stickman Records
Sea of Tranquillity 2001 Stickman Records EP
Liquid 2002 Stickman Records
Phase V 2005 Stickman Records

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar