30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita

30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita é o undécimo álbum de estudio do grupo galego de folk A Quenlla. Foi publicado o 4 de marzo de 2014, polo selo 2001 Producciones.

30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita
Álbum de A Quenlla
Publicado4 de marzo de 2014
GravaciónOutubro–novembro 2013
Estudio(s)Concello de Arzúa
Duración86 min.
Xénero(s)Folk
Selo(s)2001 Producciones
Producido porAlfredo Garrido
Cronoloxía
Os Irmandiños (2010) 30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita Desorballando outonos (2014)

Trátase dun dobre CD que conta con letras de Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquez, Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade, Manuel María, Xosé María Díaz Castro ("Penélope") e os propios Mini e Mero. A produción musical foi realizada por Alfredo Garrido.

O disco gravouse no estudio do Concello de Arzúa entre outubro e decembro de 2013. Foi presentado o 28 de marzo de 2014 cun concerto na Casa do Saber, en Lugo.[1]

Lista de cancións editar

CD 1 editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Chega o día"  B. IglesiasB. Iglesias 2:49
2. "A dorna"  Á. CunqueiroB. Iglesias 2:42
3. "A fouce do avó"  M. Curros EnríquezB. Iglesias 2:54
4. "Carlos dos Santos"  X. Lois GarcíaB. Iglesias 3:54
5. "Brétema"  A. Iglesia AlvariñoB. Iglesias 2:54
6. "Cando amar é pecado"  B. IglesiasB. Iglesias 3:48
7. "Os cegos"  B. IglesiasB. Iglesias 2:57
8. "Carme ti nós"  L. DiéguezB. Iglesias 3:21
9. "Castelao"  X. Lorenzo VarelaA. Crego 3:07
10. "Corre o meu cabalo"  A. MirandaB. Iglesias 2:22
11. "Elexía ao Che"  S. García-BodañoX. L. Rivas 3:20
12. "Lavandeira"  B. IglesiasB. Iglesias 2:58
13. "Confesión"  X. RábadeA. Campelo 3:34

CD 2 editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Aquí"  X. L. RivasX. L. Rivas 3:20
2. "No bico do galo"  Á. CunqueiroB. Iglesias 3:02
3. "Abril de lume e ferro"  M. MaríaB. Iglesias 3:58
4. "Por amor"  D. X. CabanaB. Iglesias 3:00
5. "Mala sombra"  X. L. RivasX. L. Rivas 2:56
6. "Guerrilleiro"  M. MaríaB. Iglesias 2:27
7. "Dime quen te foi pescar"  B. García CendánB. Iglesias 3:02
8. "Na romaría do medo"  X. Brigancio?B. Iglesias 4:08
9. "Saberte"  B. IglesiasB. Iglesias 2:32
10. "Penélope"  X. M. Díaz CastroB. Iglesias 2:59
11. "Mai"  B. IglesiasX. L. Rivas 4:13
12. "Tango para unha terra erma"  X. L. RivasX. L. Rivas 3:07
13. "Emigración"  M. Curros EnríquezX. Rubia 5:50

Notas editar

  1. "A Quenlla volta con 26 novas cancións". MeGa - Música en Galicia. 27 de marzo de 2014.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar