18D é o nome dun prototipo de mísil terra-aire desenvolvido pola Unión Soviética e construído por Lyulev. O seu voo inaugural tivo lugar en 1961. Tratábase dun mísil de dúas etapas alimentado por combustible sólido e combustión mellorada por aire. Na mestura do combustible incluíase, a diferenza do 17D, unha aliaxe de magnesio, que duplicaba o impulso no lanzamento. Desenvolvementos posteriores deron lugar ó 22D, desembocando finalmente no mísil 2K11 Krug.

Esquema do 17D, basicamente coa mesma forma que o 18D.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Wade, Mark (2011). "18D" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2011.