O dominio .xxx é un dominio de Internet patrocinado de nivel superior de ICM Registry, que formará parte do sistema de dominios de Internet a partir de 2011. Será un dominio exclusivo para páxinas web con contido pornográfico ou erótico.

.xxx
Logo
TipoDominio de Internet patrocinado
Data de fundación15 de abril de 2011
Eventos/Actividadessunrise period e landrush period
Na rede
http://icmregistry.com/
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Fora proposto en 2001 pola compañía ICM Registry e aprobado catro anos máis tarde pola ICANN (Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números) pero finalmente foi rexeitado en 2006 logo de varias protestas de grupos conservadores e relixiosos. En 2007 ICM Registry fixo un novo pedido, e logo dunha reunión en Lisboa o proxecto foi outra vez rexeitado pola ICANN.

En 2010 o proxecto é novamente revivido. Logo de que estudos independentes concluísen que as decisións anteriores eran inxustas e que o plan debía de ser reconsiderado, a ICANN confirmou que os seus directores discutiriann este plan durante unha reunión o 12 de marzo de 2010 en Nairobi, mais a mencionada reunión tivo demoras e a organización decidiu suspender a decisión final até xuño de 2010. O 25 de xuño de 2010 logo dunha reunión en Bruxelas a ICANN aproba definitivamente o dominio .xxx. Desta forma, xa se poden pre-rexistrar os dominios a través de ICM.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar