.jp

dominio de nivel superior do Xapón

.jp é o código de Internet do dominio de nivel superior (ccTLD) do Xapón, administrado polo Servizo de Rexistro do Xapón.

.jp
Ano de creación2000?
En servizo desde2003?
TipoccTLD
Estadoactivo
RexistradorSRZ
PatrocinadorSRZ
FinalidadeWebs Xaponesas
PaísXapón
WebJPRS
editar datos en Wikidata ]

Cando se estableceu o dominio .jp administrouno o JPNIC, como parte do seu papel como corpo técnico de supervisión para Internet no Xapón. Con todo, debido á importancia crecente e ó tamaño do rexistro do .jp, decidiuse na 11ª xuntanza xeral do JPNIC en decembro de 2000 crear unha nova corporación que administraría o dominio .jp. Así, creouse o SRZ que o 30 de xuño de 2003 asumiu oficialmente os deberes do rexistro do .jp. Os rexistros procésanse vía unha axencia de acreditación e os nomes do dominio cos caracteres xaponeses (kanji, hiragana ou katakana) pódense colocar no segundo nivel.