.cl

Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Chile

.cl é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Chile creado en 1987[2]. É administrado por NIC Chile, organismo dependente da Universidade de Chile. O regulamento para o funcionamento do Rexistro de nomes de dominio .CL, vixente desde decembro de 2013, eliminou o requisito previo de identificación persoal ao momento de inscribir un nome. Excepcionalmente, NIC Chile resérvase a facultade de pedir información que comprobe a identidade do titular, cando sexa necesario.

.cl
Ano de creación1987
TipoccTLD
Estadoactivo
RexistradorNIC Chile
PatrocinadorNIC Chile (Universidade de Chile)
FinalidadePersoas naturais ou xurídicas aveciñadas ou domiciliadas en calquera parte do mundo
Uso actualmoi popular en Chile
Restricións de usoCalquera persoa natural ou xurídica, nacional ou estranxeira pode rexistrar un nome de dominio .CL[1]
PaísChile Chile
WebNIC Chile
editar datos en Wikidata ]

A sintaxe dos dominios que poden ser inscritos en NIC Chile (como wikipedia.cl), encóntranse descrita nas Regras de Sintaxes vixentes.

O rexistro de dominio, tanto para persoas físicas como para empresas, foi gratuíto ata 1997. Actualmente, ten un valor de CL$ 9 950 con 19 % IVE incluído polo primeiro ano de cobertura da inscrición.

Ademais de nacións como Alemaña, Austria, Brasil e Polonia, Chile permite o registro de Nome de dominio internacionalizado (IDN), é dicir, con caracteres non-ASCII.

Chile é o primeiro país de lingua castelá en permitir o rexistro de dominios con vogais acentuadas (á é í ó ú), a letra U con diérese (ü) e a letra Ñ desde o 21 de setembro de 2005[3], como por exemplo www.ñandú.cl.

Baixo este dominio, a diferenza do resto de América Latina, non existe a obriga de someterse baixo un dominio de segundo nivel (SLD); calquera rexistrante pode obter un dominio de segundo nivel.

Desde abril do 2011 soporta DNSSEC, a zona está asinada e, polo tanto, calquera dominio que queira asinar os seus rexistros pode facelo[4].

O día 23 de marzo de 2016 acadouse a cifra de 500 mil dominios rexistrados e activos[5].

Soporte para IPv6 editar

A partir do ano 2007, os nomes de dominio .CL poden informar DNS con rexistros IPv6 (AAAA)[6] e desde 2008 dispón de servidores de nome para .CL con soporte IPv6, desde a súa inclusión na raíz do DNS, en xaneiro de 2008. No informe de Hurricane Electric do 28 de maio de 2012, .cl aparece como dominio con soporte para IPv6 e con nameservers en IPv6 [7]. Para xuño de 2016, todos os seus servizos en liña son compatibles con IPv6.

Historia editar

NIC Chile ten realizado esforzos pioneiros para preparar a súa adopción planificada e exitosa das tecnoloxías IPv6. No ano 2005 obtivo o seu prefixo IPv6 (2001:1398::/32), activando conectividade IPv6 en forma experimental desde inicios de 2006. Desde mediados de 2008 contou con conectividad nativa IPv6 (dual stack) e participou en 2009 no primeiro banco de probas IPv6 de Google.

A organización fomentou e colaborou, con esforzos locais e rexionais, na sensibilización e capacitación sobre o protocolo numérico de nova xeración, participando en 2005 e 2007 nos seminarios "IPv6 Tour", organizados en Santiago de Chile xuntamente con LACNIC e a Subsecretaría de Telecomunicacións (Subtel). No ano 2011, o Laboratorio de Investigación Aplicada e Transferencia Tecnolóxica de NIC Chile, en conxunto con Subtel e co apoio da Corporación de Fomento da Produción, desenvolveron o proxecto "IPv6 para Chile"[8], orientado ao desenvolvemento dun roadmap para a posta en funcionamento de IPv6 nas principais redes de conectividade dixital de Chile, establecendo un plan que involucraba operadores, axencias gobernamentais e empresas interesadas en desenvolver o tema.[9]

Véxase tamén editar

Notas editar

Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.

  1. NIC Chile (decembro de 2013). "Reglamentación para el funcionamiento del Registro de Nombres del Dominio .CL" (HTML). nic.cl. Consultado o 14-7-2017. 
  2. NIC Chile (19-11-2001). www.nic.cl, ed. "Carta enviada por el Sr. Rector de la Universidad de Chile al Sr. Contralor General de la República" (HTML). Consultado o 12-5-2011. 
  3. NIC Chile (20-9-2005). www.nic.cl, ed. "NIC Chile anuncia modificación a la Reglamentación" (HTML). Consultado o 7-10-2015. 
  4. NIC.cl (14-12-2011). "Extensiones de seguridad DNSSEC disponibles para todos los dominios .CL". Consultado o 7-10-2015. 
  5. "Contador de dominios .CL - NIC Chile". www.nic.cl. Arquivado dende o orixinal o 31-03-2016. Consultado o 24-3-2016. 
  6. "Agotamiento de direcciones IPv4 a nivel central - NIC Chile". www.nic.cl. Consultado o 9-6-2016. 
  7. Hurricane Electric (actualizada diariamente). "Global IPv6 Deployment Progress Report" (en inglés). Consultado o 29-5-2012. 
  8. "IP version 6 para Chile: desarrollo de roadmap para la implementación del protocolo de internet versión 6 (IPV6) para Chile e instalación del primer punto de intercambio de tráfico (PIT) y laboratorio de experimentación IPV6". corfo.cl. Arquivado dende o orixinal o 25-09-2019. Consultado o 9-6-2016. 
  9. IPv6.cl. "IPv6 en los gobiernos". Arquivado dende o orixinal o 22-06-2012. Consultado o 29-5-2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar