.cat

dominio de internet para a lingua catalá e a súa cultura

O dominio .cat é un dominio de Internet de primeiro nivel xenérico que forma parte do sistema de dominios de Internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua catalá e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente o 15 de setembro do 2005 pola ICANN. Está xestionado pola Fundación puntCat.

.cat
Ano de creación2005
En servizo desde2006
Tipodominio patrocinado
Estadoactivo
RexistradorFundación PuntCat
PatrocinadorFundación PuntCat
FinalidadeWebs de Cataluña
PaísCataluña, España
Webdomini.cat
editar datos en Wikidata ]

O dominio .cat é o primeiro que se concede a unha comunidade lingüística. Os criterios para que un sitio web teña o dominio .cat son que estean en catalán ou que estea relacionada coa cultura catalá. A ICANN prohibiu expresamente que se utilice o dominio .cat para páxinas de gatos (cat en inglés), a non ser que estean en catalán ou teña que ver coa cultura catalá.

O alfabeto catalán nos nomes de dominio editar

Desde o seu inicio, o dominio .cat pon en funcionamento a especificación IDN (Internationalized Domain Names, nomes de dominio internacionalizados), permitindo a utilización de caracteres de linguas diferentes ao inglés. Deste xeito, os nomes de dominios .cat poden levar calquera carácter do alfabeto catalán, a excepción do apóstrofo. Isto inclúe nomes de dominio con tiles, o punto medio, a diérese ou a cedilla. O dominio .cat é un dos primeiros dominios en poñer en funcionamento IDN, xunto co de Chile (.cl).

Rexistro progresivo editar

O dominio .cat tivo un calendario de rexistro en tres fases:

  • A primeira fase de rexistro abriuse o 13 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril. Esta fase estivo restrinxida ás entidades que tivesen unha especial vocación coa promoción da lingua e a cultura catalás.
  • A segunda fase de rexistro aberta a todo o mundo, empezou o 20 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril. Reservouse a entidades de todo tipos con presenza en catalán en Internet.
  • A terceira fase, comezou o 27 de febreiro ata o 21 de abril de 2006, en paralelo á segunda, e reservouse ás máis de 68 000 persoas, entidades e empresas que se achegaron á campaña de apoio á candidatura do .cat.

Historia editar

En 1996 creouse a Asociación en Defensa do Dominio .ct (ADD.CT). Esta petición implicaba a homologación do código territorial de dúas letras para Cataluña na norma ISO 3166-1. Aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Cataluña que instaba á Generalitat de Cataluña a lograr esta homologación. En 2001 creouse a Asociación puntCAT, na cal participa ADD.CT, para conseguir un dominio, agora de tres letras e referido á comunidade lingüística e cultural de lingua catalá, aproveitando as posibilidades dos novos dominios patrocinados. O 16 de marzo de 2004 a Asociación puntCAT presentou a candidatura do dominio .cat ante a ICANN. A candidatura recibiu o apoio de 68 000 persoas, empresas e entidades, número nunca logrado por outra candidatura.

O 15 de setembro de 2005 o dominio foi aprobado oficialmente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar