.bb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Barbados. Foi mantido por varios administradores desde a súa creación. O primeiro deles foi a Universidade de Porto Rico. En 1996 o goberno de Barbados conseguiu o control do .bb en beneficio da Cable & Wireless (BARTEL) Ltd. No 2001 asinouse un acordo entre o Goberno de Barbados e a Cable & Wireless (Bartel) Ltd. e a súa compañía irmá Cable & Wireless (BET) Ltd., para continuar coa administración dos dominios do .bb até que o goberno seleccionara novas directrices. En novembro de 2007, o .bb foi relegado á Telecoms Unit, que pertence ao Goberno de Barbados.[1]

.bb
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación1991
PaísBarbados
Na rede
https://whois.telecoms.gov.bb/
editar datos en Wikidata ]

O goberno indicou que súa intención sería manter o dominio semi-protexido. Os asuntos legais que concirnen os dominios son establecidos pola Oficina de Propiedade Intelectual e Asuntos Corporativos (Corporate Affairs and Intellectual Property Office, CAIPO) parte do goberno.

A cota para o ccTLD e para os dominios de segundo e terceiro nivel, é de 120 dólares de Barbados anuais.[2]

Dominios de segundo nivel editar

  • .co.bb - uso xeral (normalmente comercial)
  • .com.bb - entidades comerciais
  • .net.bb - provedores de rede
  • .org.bb - uso xera (normalmente para organizacións sen ánimo de lucro)
  • .gov.bb - organizacións do goberno de Barbados
  • .edu.bb - organizacións da educación de Barbados
  • .info.bb - uso xeral
  • .store.bb - uso xeral
  • .tv.bb - uso xeral
  • .biz.bb - uso xeral

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar